22/11/15

EL SUEÑO DE BERLÍN
Ana Alonso - Javier Pelegrín
Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, intenta axudala. Con moito ímpeto, pero tamén con descoñecemento, vai animala a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar, en Berlín, a cabeza de Nefertiti.
Doutra banda, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as mozas da súa idade, mentres que a súa nai quere que se medique e a sobreprotexe.

Ana Alonso naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que residiu durante a maior parte da súa vida en León. Licenciouse en Ciencias Biolóxicas. Publicou oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005), o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006), o Premio Antonio Machado en Baeza (2007) e o Premio Alfons el Magnànim Valencia de poesía en castelán (2008).

 Javier Pelegrín naceu en Madrid en 1967, aínda que residiu en Murcia durante boa parte da súa vida. Licenciouse en Filoloxía Hispánica. Actualmente traballa como profesor de Ensino Secundario, actividade que compaxina coa escritura. 

Xuntos son coautores da serie de fantasía e ciencia ficción A chave do tempo e doutras sagas como Tatuaxe e outras. El sueño de Berlín acadou o XII Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015. Teñen unha páxina moi completa que podedes ver aquí.
POMELO Y LIMÓN
Begoña Oro
"Jorge e María son dous adolescentes como tantos outros: saen cos seus amigos, comunícanse con eles nas redes sociais, namóranse... Todo isto sería normal se as nais de María e Jorge non fosen tan famosas. Os dous mozos vense envoltos nunha espiral de rumores da que só saen lembrando que as palabras que eliximos para contar a nosa historia son as que realmente dan forma ao noso mundo".
... E resulta curioso, dada a importancia que ten, logo, o xeito de contar (que dá forma á nosa vida), o xeito en que a autora nos relata a relación entre estes dous adolescentes. Pode ser que esta historia, a de Jorge e María, fose outra se, efectivamente, as súas nais non fosen tan famosas ou, sobre todo, se non fosen "os outros" os que intentaron contar e manipular a súa historia ao xeito que máis lles interesaba a eles. Sorprende, por tanto, a identidade do narrador que, este si, faino co beneplácito dos protagonistas.
Begoña Oro, zaragozana de nacemento, estudou Dereito e Humanidades na especialidade de Literatura. Leva moitos anos vinculada ao mundo do libro como traductora, autora -non só  en Literatura Infantil e Xuvenil- e como editora. Traballa ademais en plans lectores en centros escolares. É unha das primeiras escritoras en simultanear o libro tradicional en papel co uso de internet. Con este libro, Pomelo y Limón gañou o Premio Gran Angular 2011 de Literatura Xuvenil. Podes acceder á sua páxina aquí e ler unha entrevista con ela aquí.
3L 4S3S1N4T0 D3L PROF3S0R D3 M4T3M4T1C4S 
Jordi Sierra i Fabra

Un profesor propón aos seus alumnos un xogo como exame para aprobar as matemáticas. O venres pola tarde, o profesor morre, pero, antes de falecer, comenta aos seus alumnos que o sobre que hai no seu peto indicaralles como buscar ao seu asasino. Non deben fallarlle...

Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona en 1947. Fillo único e de familia humilde, topou con moitos obstáculos que frearon o seu soño de converterse en escritor, entre eles, a oposición paterna. Durante moito tempo estivo relacionado coa música rock (foi director e en moitos casos fundador dalgunhas das principais revistas musicais españolas) o que o fixo uinha persoa moi coñecida e popular.
 Publicou o seu primeiro libro en 1972. Desde entón escribiu máis de catrocentas obras, moitas delas best sellers, e gañou máis de trinta premios literarios. En 2004 creou a Fundació Jordi Sierra i Fabra, en Barcelona, e a Fundación Taller de Letras en Medellín, Colombia. Desde entón concédese o premio que leva o seu nome a un novo escritor menor de dezaoito anos, así que... animádevos!

Pablo Núñez, ilustrador
Naceu en Madrid en 1963. Estudou Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid. En 1990 obtivo o segundo Premio Nacional de Ilustración. Alterna o seu traballo de ilustrador de libros con colaboracións en diarios e revistas.

2/5/15

EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE
Mark Haddon
O curioso incidente do can a medianoite é unha novela que non se parece a ningunha outra. O seu protagonista, Christopher Boone, ten quince anos. É un rapaz diferente a os outros da súa idade: coñece as capitais de todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e recitar os números primos até o 7.507,sabe por que a vía láctea vese como unha liña, ou por que de noite estamos ás escuras a pesar de haber tantas estrelas no ceo, pero ten dificultade con outras cousas. Cústalle relacionarse con outros seres humanos, non lle gusta falar con descoñecidos e que o miren fixamente. Gústanlle as listas, os esquemas e a verdade, pero odia o amarelo, o marrón e o contacto físico. Non lle gusta que os estados de ánimo doutras persoas sexan tan complexos. Un can, por exemplo, só pode estar alegre, triste, enfadado ou concentrado. Ademais, os cans son fieis e non din mentiras porque non falan, así que a Christopher gústanlle. Por iso, cando atopa ao can da súa veciña asasinado no xardín da súa casa, decide investigalo como fan os personaxes das súas novelas favoritas; as policíacas e, aínda que nunca vai só máis aló da tenda da esquina, Christopher decide iniciar a procura do culpable.
A medida que avanza o libro, o protagonista fala de si mesmo, da súa familia, os seus veciños, os seus profesores... relegando a investigación do asasinato a un segundo plano cando outros acontecementos adquiren maior importancia na súa vida. A través dunha linguaxe sinxela o autor achéganos ao mundo do protagonista, un mozo con síndrome de Asperger, e axúdanos a comprendelo. 

O AUTOR: MARK HADDON

Mark Haddon (Northampton, 26 de setembro de 1962) é un escritor, ilustrador, pintor e profesor inglés. Licenciouse en literatura inglesa na Universidade de Oxford. Escribiu numerosos libros para nenos e un poemario. Traballou durante un tempo con persoas con deficiencias físicas e mentais, o que lle axudou a crear a súa primeira novela O curioso incidente do can a medianoite (2004), gañadora do premio Whitbread e o Commonwealth. Antes de escribir este libro, xa escribira e ilustrara contos para nenos. Tamén participaba na creación de guións para series e películas de TV.

O libro converteuse nun inesperado éxito en todos os países nos que se publicou. Superou o millón e medio de exemplares vendidos e foi traducido a 35 idiomas.


1/5/15

LA MECÁNICA DEL CORAZÓN
Mathias Malzieu
A mecánica do corazón é un libro escrito polo escritor, cantante e músico francés Mathias Malzieu e publicado o 25 de setembro de 2009.
Na noite máis fría do século XIX, nace en Edimburgo, Jack, o fráxil fillo dunha prostituta. O bebé nace cun corazón débil e para salvalo colócanlle un reloxo de madeira ao que haberá de dar corda toda a súa vida. A prótese funciona e Jack sobrevive, pero debe respectar unha regra: evitar todo tipo de emoción que poida alterar o seu corazón. Nada de enfados, e sobre todo, nada de namorarse.
Jack sufrirá o ser excluído de toda sociedade xa que non pode saír do seu fogar. Con todo, por ser o día do seu aniversario a doutora que o coida permítelle un paseo pola cidade. Ao escoitar o belo canto dunha pequena cantante andaluza, Miss Acacia, de ollos enormes e algo miope, namorarase dela inevitablemente. Así, Jack embarcarase nunha marabillosa aventura que o levará a París e a Granada, coñecendo a moitos personaxes singulares e vivindo as dozuras e penalidades do amor. 



O AUTOR: Mathias Mazieu

O seu autor, Mathias Malzieu, nace en Montpellier en 1974, é o líder e cantante da banda francesa Dionysos, e "A Mecánica do Corazón" tamén é o sexto traballo da banda. Polo que non se sabe ben se o disco inspirou o libro, foi ao contrario, ou se xestaron ambos de maneira conxunta.
Malzieu escribiu 5 libros cos que está a ter bastante éxito. En España o máis coñecido é este, que é o terceiro en orde de escritura.

30/4/15

NOITE DE VORACES SOMBRAS
Agustín Fernández Paz

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presenza fantasmal. Alí atopará, tamén, unha carpeta, cartas e fotos, unha libreta e unha variada biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra.

Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano: a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala Guerra Civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións coñezan esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria.Noite voraces sombras Guerra civil
View more presentations or Upload your own.

7/4/15

La Historia Interminable
Michael Ende
El Reino de Fantasía está en un serio peligro: corre el riesgo de desaparecer. Pero los habitantes de éste no pueden hacer nada por evitar el mal que se cierne sobre ellos. Bueno, hay alguien que sí que podría ayudarles: Bastián. Un humano que se encuentra al otro lado de su mundo, en la realidad. A él recurren y éste, sin pensárselo mucho, se adentrará en una maravillosa aventura que cambiará para siempre su vida y la de sus nuevos compañeros de fatigas: Atreyu, un valiente guerrero con la piel verde, y un dragón de la suerte volador.
"La Historia Interminable", de Michael Ende, é posiblemente un deses pocos libros que sempre 'enchen' ao lector, independentemente da idade ou sexo. Deses que gustan por igual a rapaces e adultos, porque fai comprender o importante que é a imaxinación. Unha capacidade que moitas veces, incomprensiblemente, deixamos de cultivar a medida que nos facemos maiores, e que só uns poucos teñen a facultade de conservar.

8/3/15

A FRATERNIDADE DE EIHWAZ
César Mallorquí
Personaxes do pasado e do presente conflúen e discorren polas páxinas desta novela. Todo comeza coa chegada de Óscar a Orballo de San Boaventura, unha tranquila vila da costa galega, berce da súa familia que ben podería ser calquera das vilas nas que vivimos nós. Ósacr e os seus amigos atopan cousas pouco comúns e descubren tamén que non todos son o que parecen, e que unha asociación ben intencionda, en apariencia, esconde propósitos escuros, moi escuros.
Mais poida que todo empezase moito antes, moitos séculos. E as pedras milenarias segan  a gardar segredos...
César Mallorquí, a quen xa copñecemos por títulos com "Las lágrimas de Shiva", di de si mesmo:  Nacín en Barcelona o 10 de xuño de 1953, pero o meu pai (José Mallorquí, o creador do Coyote) trasladouse a Madrid ao ano seguinte, e con el toda a familia. Cursei estudos de xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense e desde 1970 traballei en diversas publicacións, entre elas a mítica revista O Paspallás. En 1981 cambiei o xornalismo pola publicidade e durante unha década traballei como creativo en diversas axencias. En 1991 regresei ao mundo da literatura (que abandonara durante a miña etapa de publicitario). Vivo en Madrid, estou casado e teño dous fillos. Deixei de fumar en 1986.

19/2/15

Cando petan na porta pola noite
Xabier P. Docampo
Logo dunha reflexión inicial do autor sobre o gusto pola narración oral, que inclúe o recoñecemento a seu pai como gran contador de historias, reúnense catro historias de medo co desexo de que o lector sexa tamén dono do seu propio medo e as faga súas, para contalas tamén, a xeito de transmisor oral, continuando o fío da literatura tradicional popular.
As historias levan por título: O espello do viaxeiro, O fornadas, A loba e O cumpremortes. 
Queríades un título 'de medo', pois xa o tendes! Agora a ver se algún non dorme polas noites, que o Xabier, cando se pon, mete medo!! 
E con este libro temos sorpresa: poderedes comentalo co propio autor! Ide pensando o que vos gustaría preguntarlle, ou o que queredes comentarlle. Eu, persoalmente, pediríalle que nos contase algunha historia de medo das que el sabe, que son unhas poucas.


     Xabier Docampo naceu en Rábade, na comarca da Terra Chá (Lugo). É autor de literatura infantil e xuvenil. A súa obra Cando petan na porta pola noite foi seleccionada como unha dos cen mellores obras do século XX, e foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Xuvenil. Ten libros seus nas listas de honra internacionais como a IBBY (International Board on Books for Young People) e premios como o The White Ravens (Internationale Jugendbibliothek-International Youth Library).
Ao longo da súa traxectoria profesional meteuse en mil leas diferentes: actor, director de teatro, guionista e director de radio, vídeo e televisión, dirección de revistas de Literatura xuvenil,... Como profesor, sempre estivo relacionado cos movementos de renovación pedagóxica. Agora leva xa uns anos xubilado, o cal non quere decir que estea quieto...


10/2/15

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS
Marcos Calveiro
ARGUMENTO: Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubrirá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.

O AUTOR:
Neto de feirantes taberneiros, vive en Vigo, onde desenvolve a súa actividade profesional como avogado. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís Sari soñador de mares (2006) e Rinocerontes e quimeras (2007), a primeira traducida ao catalán e a segunda ao castelán e ambas as dúas moi ben valoradas pola crítica. 
En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por O carteiro de Bagdad, novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. 
Máis recentemente, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por O canto dos peixes (2008) e o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010 pola novela O pintor do sombreiro de malvas (Xerais 2010). 
En 2011 publica Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (Xerais 2011). 
En Xerais Narrativa leva publicadas dúas novelas: Festina lente (2008) Premio da Crítica 2008 (narrativa), Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, Autor do ano, 2008 e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009 e Setteccento (2010).
Como poeta publicou Cartas do terceiro día (2007), VIIº Premio de Poesía Concello de Carral


Vincent van Gogh (Zundert,1853 Auvers,1890)

Foi un pintor neerlandés. Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos. A figura central na súa vida foi o seu irmán menor Theo, quen lle prestou apoio financeiro continua e desinteresadamente.
Xa desde moi novo tivo inclinación cara ao debuxo e o seu primeiro traballo foi nunha empresa de marchantes de arte, viaxando entre A HaiaLondres e París. Despois ensinou durante un tempo en Inglaterra. Máis tarde converteuse en pastor protestante e en 1879, á idade de 26 anos, marchou como misioneiro a unha rexión mineira de Bélxica, onde comezou a debuxar á xente da comunidade local.

 
En 1885 pintou a súa primeira gran obra Os comedores de patacas; nese momento a súa paleta compoñíase de tons sombríos de terra. A luz de cores vivas pola que é coñecido xurdiu en obras posteriores, cando se trasladou ao sur de Francia conseguindo a plenitude durante a súa estadía en Arlés en 1888.

Malia a calidade da súa obra, esta só foi recoñecida logo da súa morte e hoxe é considerado un dos grandes mestres da pintura.

Sufriu frecuentes brotes dunha enfermidade mental ao longo da súa vida, o que o levou a se producir unha ferida de bala que acabou coa súa vida á idade de 37 anos.