6/3/16

MENTIRA
Care Santos 
Xenia loita por sacar as mellores notas, impulsada pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento está a baixar. E é que Xenia namorouse, aínda que non dun mozo da súa contorna, senón dunha pantasma, dunha voz xurdida de Internet coa que comparte a súa paixón pola lectura. Como Xenia é decidida e o seu amor virtual négase a unha cita, proponse sorprendelo, de modo que inicia as súas investigacións cos poucos datos de que dispón.
E todo resulta ser falso, unha mentira, nin a foto nin o nome son reais. Quen é en realidade a súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos confesa todo aos seus pais, segura de ser vítima dalgún desaprensivo. Pero pronto un paquete inesperado vai revelarlle a identidade do raparigo co que compartiu os seus máis íntimas emocións. Provén do cárcere de menores e contén a historia dun asasino...
              Care Santos naceu en 1970 en Mataró (Barcelona). Empezou a escribir aos 8 anos e desde sempre tivo claro que non quería facer outra cousa. Aos 14 anos gañou o seu primeiro concurso literario e aos 25 publicou o seu primeiro libro, unha colección de relatos. Desde entón, publicou varias novelas,  libros de contos, dous libros de poesía e un gran número de novelas xuvenís.
              En literatura xuvenil é unha das autoras máis lidas do noso país, e a súa obra foi traducida ao alemán, francés, italiano, portugués, romanés, polaco, sueco, noruegués, holandés, hebreo, grego, lituano e coreano. Na biblioteca do centro podedes atopar varios títulos da autora, dos que probablemente xa teñas lido algún. Quen fará a reseña "booktuber"??

2/3/16



TRISTES ARMAS
Marina Mayoral
Durante a Guerra Civil Española, Miguel e Carmiña, combatentes no bando republicano, deciden enviar ás súas fillas a Rusia para afastalas dos perigos da contenda. As nenas, Harmonía e Rosa, deben aprender a vivir separadas da súa familia e da súa patria, e a súa historia convértese nun claro exemplo do horror e a tristeza que acompañan a todas as guerras.
As dúas irmás refuxiadas en terras moscovitas, se crían alí alleas a todo o que en España está a ocorrer neses momentos: a morte do seu pai na fronte, a difícil vida da súa nai viúva... A única ligazón das nenas coa súa familia é unha carta que, polos avatares do momento, tarda corenta e cinco anos en chegar ao seu destino.
O desenlace da novela preséntanos ás dúas irmás de volta en Galicia, cheas de ilusión pero tamén de recordos da súa dramática nenez.
Nesta novela, a autora rende homenaxe aos nenos da Guerra que marcharon exiliados á Unión Soviética. A obra, narrada de modo realista, fai un repaso polo que significou a dura época da Guerra Civil española.
Coma sempre, a lectura, ademais de facernos pasar un rato agradable lendo um libro que nos guste, tamén nos serve para informarnos de diferentes temas dos que aparecen referencias no libro. No caso deste libro aprendemos feitos relacionados coa Guerra Civil Española e coa Segunda Guerra Mundial.
Marina Mayoral, nacida en Mondoñedo, é novelista e Catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. Entre o centenar de traballos de investigación que ten realizado sobre diversos autores e épocas destacan os seus estudos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. Escribe en galego e castelán. Algunhas das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, portugués, polaco e chino. Sobre este libro a propia autora dí:  Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ao seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza. É unha historia de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mulleres zarandeados e maltratados polos ventos do odio. Pero Tristes armas é sobre todo unha historia de amor.
Tristes armas presenta dende un punto de vista sinxelo e profundamente humano algúns episodios da Guerra Civil, desde o punto de vista dos que non combateron, pero que sufriron as súas terribles consecuencias.