20/4/16

NUNCA SERÉ TU HÉROE
María Menéndez-Ponte 
Nunca seré tu héroe é una novela realista sobre os conflitos adolescentes escrita de forma autobiográfica. Andrés é un adolescente que está farto do instituto, dos grans, da incomprensión de seus pais, da plasta da súa irmá, do “pijo” de Jorge, da vida en xeral e do profesor de historia en particular. A súa maior afección é debuxar cómics. A súa noiva Sara comeza a saír co mozo máis “pijo” da clase. A súa familia non está pasando por un bo momento, xa que o seu pai queda no paro. No libro trátanse unha serie de temas como: o amor, a amizade, as relacións familiares, a posibilidade dun embarazo non desexado, os grupos neo-nazis, os profesores do instituto…
Andrés demostrará á súa familia e aos seus amigos e amigas que é unha gran persoa. Tamén conseguirá un dos seus soños: gañar un concurso de cómics.
Esta novela pode axudarnos a que falemos de temas propios da adolescencia, que vos interesen especialmente. Tamén aparecen no libro moitas referencias culturais, ademais dos cómics: Sherlock Holmes e Watson, a Celestina, Hitler, O capitán Trueno, o Cid Campeador…
Tes abondosa información sobre a autora no propio libro, pero podes picar no poster dixital de aquí abaixo e irás á páxina oficial de María.
LAS LÁGRIMAS DE SHIVA
César Mallorquí
A historia transcorre na cidade de Santander durante un verán alá polos anos 60, cando en España aínda había unha ditadura, pero en todo o mundo empezaba un tempo de cambios profundos: o movemento hippy, a loita polos dereitos da muller, as manifestacións contra a guerra do Vietnam, os Beatles, a chegada do home á lúa...
Debido á enfermidade de seu pai, Javier, o protagonista, ten que pasar todo o verán en Santander, en casa dos seus tíos e as súas catro curmás que viven nun antigo caserón cerca da praia do Sardinero. Non lle apetece nada esta viaxe. Cando chega alí nota que a familia Obregón é moi estraña e diferente da súa. No caserón onde viven parécelle ver en ocasións un espectro ao mesmo tempo que nota un peculiar cheiro a nardos; isto mesmo ocórrelle á súa prima Violeta. Violeta fálalle da desaparición de Beatriz e do misterio das lágrimas de Shiva. Entre os dous tratan de descubrir o segredo. Ao principio lévanse moi mal, pero pouco a pouco vai mellorando a súa relación ata que ao final...
O seu autor, César Mallorquí conta así a súa vida: Nacín en Barcelona o 10 de xuño de 1953, pero o meu pai (José Mallorquí, o creador do Coyote) trasladouse a Madrid ao ano seguinte, e con el toda a familia. Cursei estudos de xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense e desde 1970 traballei en diversas publicacións, entre elas a mítica revista O Paspallás. En 1981 cambiei o xornalismo pola publicidade e durante unha década traballei como creativo en diversas axencias. En 1991 regresei ao mundo da literatura (que abandonara durante a miña etapa de publicitario). Vivo en Madrid, estou casado e teño dous fillos. Deixei de fumar en 1986. 



11/4/16

CHAMANDO ÁS PORTAS DO CEO
Jordi Sierra i Fabra
Silvia, estudante de Medicina, marcha á India durante un verán para traballar como cooperante nun hospital dirixido por unha doctora española. Ao facelo, enfróntase cos seus pais e co seu noivo, e toma así unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de dous, senón de tres mundos: por unha banda Arturo, o seu noivo, que a espera en España; por outro Leo, cooperante coma ela, capaz de renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, un hindú que garda o máis doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras.

O autor, Jordi Sierra i Fabra, naceu en Barcelona. Comeza a escribir con 8 anos e aos 12, escribiu a súa primeira novela longa, de 500 páxinas. Traballou como comentarista musical e director de revistas de rock. Ten unha extensa obra que (alcanza os 400 libros escritos) e obtivo multitude de premios. En 2006 e 2010 foi candidato ao premio Hans Christian Andersen, representando a España. Viaxeiro impenitente, a súa obra nútrese moitas veces das súas propias vivencias ao longo e ancho do mundo. En 2004 creou a Fundación Jordi Sierra i Fabra en Barcelona, destinada a promover a creación literaria entre os mozos de lingua española. Cada ano convoca un premio literario para menores de 18 anos. Pica no cartel de abaixo para ver algunhas curiosidades sobre a India: