19/1/17

EL RASTRO BRILLANTE DEL CARACOL
Gemma Lienas
Sam ten 16 anos e síndrome de Asperger, unha forma lixeira de autismo. É un crac dos computadores, pero ten poucos amigos e cústalle interactuar cos demais na vida cotiá. Un día coñece a Martina e o seu mundo cambia. Gústalle moito pero non sabe como achegarse a ela, e ao pouco tempo descobre que un acosador a está poñendo nun grave perigo. Sam terá que esforzarse moito para superar as súas limitacións se quere axudala e desenmascarar ao culpable.


O libro explica como é, como pensa e sente Sam, o protagonista, un mozo con síndrome de Asperger. O libro tamén nos alerta respecto dos depredadores sexuais que axexan aos rapaces en Internet mentindo, inventando perfís e manipulando para obter o que queren.

Ninguén mellor para presentarvos este libro que a propia autora:


A AUTORA: Gemma Lienas
Gemma Lienas Massot (Barcelona, 1951). Filla dun pequeno industrial catalán e dunha ama de casa francesa. Estudou Filosofía e Letras na Universidade Autónoma de Barcelona. Nesta época compaxinou o seu traballo nun centro de psicoloxía coa docencia nunha escola para nenos borderlines, en cuxa fundación participou.
Empezou a escribir a mediados dos 80 e en 1986 publicou a súa primeira novela, Canellón sen saída, dirixida ao público xuvenil. En 1987, gaña tres premios literarios con diferentes libros. Do final deste período é a súa novela xuvenil Así é a vida, Carlota, que en 1990 gana a Mención de honra do IBBY.
A principios dos 90, unha enfermidade obrígaa a deixar o seu posto de responsabilidade e instálase en Nova York. Ao seu regreso a España reincorpórase ao mundo editorial e vive entre Barcelona e Madrid. 
En 1998 cambia o mundo da edición polo da escritura e instálase en Estrasburgo. A principios do 2000 volve a Barcelona e involúcrase na vida da cidade, especialmente con grupos que traballan a favor da igualdade das mulleres.
Colabora con columnas de opinión en diversos medios de comunicación e emisoras de radio.
Entres os personaxes que creou destaca especialmente Carlota. O diario violeta de Carlota (2001) é un dos principais éxitos da autora e o principio dunha saga na que Carlota vai  descubrir a sexualidade e a afectividade, a violencia de xénero, a bulimia, as drogas, etc.
A súa obra foi traducida a varios idiomas: alemán, eúscaro, italiano, portugués...
Unha entrevista coa autora na TVE.
A  súa biografía  e outras informacións segundo ela mesma no seu blog personal.

SÍNDROME DE ASPERGER.
Albert Einstein
Sam, o protagonista do libro é un asperger, un tipo de autismo. No programa La noche temática de TVE trataron este tema e puxeron este magnífico documental titulado "El cerebro de Hugo"É un pouco longo, pero a min pareceume moi interesante. Aquí vos queda por se a alguén lle interesa.
ASPERGA é a Asociación Galega de Asperger. Esta é a súa páxina web.

10/1/17


DRAGAL
A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda a que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.
Elena Gallego Abad debutou na narrativa galega con esta primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se iniciou, ademais, unha triloxía baixo o título de “Dragal”, o dragón galego.
A autora naceu en Teruel en 1969 e criouse en Verín. Traballou en diferentes emisoras de radio e tamén en varios xornais. Na actualidade traballa en Cangas do Morrazo. Xa publicou a triloxía completa Dragal, A metamorfose do dragón e A fraternidade do Dragón e xa publicou tamén o primeiro libro dunha nova trioloxía en torno ao último dragón galaico A estirpe do Dragón. Podes ver máis picando aquí.