20/2/17


Resultado de imagen de o rei oso

    TIM BOWLEY (Londres, 1945) Narrador, especialista en contos tradicionais de todo o mundo, que ficaron gravados na memoria de moitas persoas, maiores e pequenos. Imparte cursos e realiza sesións de contacontos en cidades e vilas de Galicia, España e Portugal. Durante os seus máis de 20 anos de experiencia percorreu coas súas actuacións numerosos países. Colaborou nunha antoloxía narrativa publicada en Reino Unido e editou a obra bilingüe inglés-español titulada “Semillas al viento”, en colaboración con Casilda Regueiro, coa que durante varios anos formou tándem artístico. Tamén é autor dos álbums infantís “Xaime e as landras” e “Amelia quere un can”, 
 ÓSCAR VILLÁN (Ourense, 1972) Licenciado en Belas Artes, na especialidade de Pintura. Co seu primeiro traballo de ilustración para público infantil, “O coelliño branco ”,  recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración 1999. Ao ano seguinte, esta obra foi incluida polo Banco do Libro de Venezuela no catálogo dos ‘Mellores Libros para Nenos’. Ademais, este álbum está adaptado á linguaxe de pictogramas para a colección ‘Makakiños’. Ilustrou outros como “A cebra Camila”, “Amora” e a colección “Do berce á lúa” para prelectores, aos que se suma o álbum infantil “Un becho estraño”, 

O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos


Este libro de relatos é unha mostra dos mellores contos do narrador Tim Bowley, ilustrados por Óscar Villán co seu inconfundible estilo. Contos do mundo, sobre reis e princesas, mundos fantásticos e animais parlantes. O humor e a ledicia, a tenrura, o medo e o terror, están presentes nestas historias que nos permiten facer viaxes imaxinarias ata fragas enmarañadas, vales profundos ou altas montañas, para coñecer personaxes inauditos e experimentar aventuras trepidantes. Contos marabillosos cheos de sabedoría.

13/2/17





PARQUE MUERTE
Fernando Lalana

Foi Eufemiano Cordiais, asesor de imaxe e xefe de prensa da multinacional armamentística española "Pistolas e proxectís, S. A", quen propuxo crear PARQUE MUERTE para mellorar a mala imaxe da empresa atraendo a nenos e familias. Segundo el, aos nenos a morte fascínalles. A morte e todo o que teña que ver con ela: os cemiterios, os vampiros, os zombis, os crimes, os cadaleitos, as pantasmas, as funerarias, as autopsias... E en efecto, todo funcionou segundo os seus plans ata que, ao cumprirse un ano da súa inauguración, produciuse unha situación realmente inaudita e, en certo xeito, aterradora, que podía dar ao traste cos plans dos seus propietarios, unha situación que, por suposto, se ocultou á opinión pública. Entón decidiron contratarme como detective privada...

Fernando Lalana nace en Zaragoza en 1958, cidade na que aínda reside. Tras estudar Dereito encamiña os seus pasos cara á literatura. Desde entón publicou máis de oitenta libros coas principais editoriais españolas do sector infantil-xuvenil.
Lalana gañou varios premios de Literatura Xuvenil: Gran angular (3 veces), Barco de Vapor, o da "Junta de Andalucía" e o Nacional de Literatura Xuvenil (por "Morirás en Chafarinas", levada ao cine). Apaixonado do teatro (Los pieles rojas no quieren hacer el indio), Fernando Lalana foi membro fundador do grupo Teatro Incontrolado e colaborou con diversas compañías e grupos independentes zaragozanos.