Nacen ARAOS a pares
Na nosa biblioteca nacen os Araos a pares. E iso que din que andan escasos e en perigo de extinción!
O caso é que, o 17 deste mes de xaniro, naceron dous clubs de lectura, un de alumnos e outro de adultos e, para colmo, nalgúns dos casos nais e fillos/as, cando coinciden os dous como mebros do club, leerán o mesmo libro para poder comentalo logo.
Na reunión/s de creación/s do/s club/s xuntámonos un lotiño. No recreo co alumnado, e acabamos sendo 11. Pola tarde na de adultos xuntámonos outro lotiño e máis as que non poideron asistir por causas maiores pero que forman parte do club.
Para empezar, ben, escollemos algo non moi longo e de calidade: para o alumnado "O raio Veloz" de Agustín Fernández Paz e o"O club da calceta" de María Reimóndez, para os adultos; non sei se influenciados polo feito de ter maioría aplastante de mulleres.
As cualidades culinarias tamén saliron a relucir, pois apareceu por alí unha tarta de queixo que foi vista e non vista. Na seguinte reunión, o día 21, prometeron que tamén habería sorpresa.
FELIZ NACEMENTO, ARAO


Comentarios