O Raio Veloz
Agustín Fernández Paz (Ilustracións de Andrés Meixide)
(N-869 / FER / rai)
Adrián, aos seus 26 anos, vivía só, sen ter a quen amar nin ser amado. Aínda seguía á busca dun emprego que lle permitira ser feliz facendo máis feliz á xente anónima coa que se cruzaba cada día. Enterouse dunha oferta de traballo nunha empresa de mensaxería, O Raio Veloz, e foi á entrevista. Así comezou a súa oportunidade de axudar á xente. Cando tiña encargas que facer cambiaba as cousas do xeito que el pensaba que a xente sería máis feliz.
E unha tarde recibiu el unha gardenia en agasallo, acompañada dunha tarxeta misteriosa que indicaba que o amor verdadeiro só se presenta unha vez na vida. E en días sucesivos leváronlle maís envíos sorprendentes: doce rosas cuns versos de Eluard, a poesía completa de Cunqueiro, un cd de jazz, unha caixa de bombóns, o dvd de “Días de radio” e finalmente un camelio noviño. Cada paquete traía unha tarxeta e entre todas compoñían un xeroglífico que...
Un dos escritores máis recoñecidos, máis valorados e máis traducidos a outros idiomas, Agustín Fernández Paz é mestre ademais de escritor. Gran parte do seu labor está adicado á defensa do noso idioma e ao seu ensino. Participou activamente, moitas veces como membro fundador, nos movementos de renovación pedagóxica en Galicia. Tamén é co-director da colección de literatura Merlín. Por suposto podes atopar outros títulos seus na biblioteca do insti. Tes máis información sobre Agustín aquí.
Comentarios
eston deseando volver...!!!
desde oxe o meu nick sera: "arao pequeno".
saudos!!!
porfavor contesta... :)