Araos en Santiago
Todos sabemos que os araos son aves de mar pero, de cando en vez, voan terra adentro e van de visita a lugares menos frecuentados por eles.
Este sábado os araos andivemos por Santiago facendo algunhas visitas. Non poidemos ir a bandada enteira porque algúns dos araos pequenos tiñan outra festa en Voz Natura. Tamén houbo máis de un que tiña pensado vir con nós e xusto ese día puxéronse malos... outra vez será! Os que andivemos por alí xa procuramos disfrutar por todos.
Os horarios non deron para todo o previsto, pero nos lugares que visitamos aproveitamos ben, e ademais conseguimos un 'enchufe' para outra visita futura o próximo curso, que din os araos estos que está ben eso de andar a voar por aí. Podedes ver as nosas andanzas nestas fotos.

Comentarios