CINE PARA FALAR
Por fin poidemos celebrar a primeira xuntanza deste curso do programa da biblioteca cine para falar. Víñamola retrasando por diversos motivos ata hoxe, que vimos "Billy Elliot".
A experiencia foi moi boa. Da gusto ver a biblioteca con pais e fillos xuntos (ou incluso sen fillos)!! Vimos a película adultos e rapaces xuntos, para logo poder falar, aínda que os máis novos hoxe non falaron moito: os 'maiores' éramos 'maioría'! Seguro que nun par de sesións máis se soltan e opinan de todo, e a ver logo como nos entendemos uns e outros A min é o que máis me apetece.
Este curso xa será difícil volver a repetir a experiencia, porque xa se acerca o fin das clases, pero o próximo ano intentaremos facer unha cada trimestre. Estades todos invitados!
Comentarios
Un saúdo:
Michael Pérez Riveiro.
1ºD
De verdade que vos tedes que animar, a película foi moi emotiva e o coloquio moi interesante. Animádevos a vir e a falar,queremos coñecer as vosas opinións.
Estiven moi agusto e gustoume que viñeran novos pais . Temos que repetilo mais amenudo .
Saludos Olga