A NOITE D'O RISÓN
Gonzalo Moure
Hai corenta anos, nun bar de pescadores, chamado O Risón, dunha vila da costa do Cantábrico na desembocadura do río Eo, nunha noite de treboada, coma non se lembra outra, un grupo de mariñeiros atrapados polo temporal e varios personaxes misteriosos, comezan a contar historias sobre tormentas, naufraxios e mortos. Xunto a eles, o protagonista, unha persoa allea ao mar que non pode regresar á súa casa por mor do temporal, pasará unha noite inesquecible, na que as súas lembranzas se mesturan cos relatos escoitados en boca dos mariñeiros.
Trátase dun libro moi imaxinativo no que o autor, Gonzalo Moure, cóntanos varias historias de medo non apropiadas para ler nas noites de treboada: un mariñeiro decide amputarse un dedo para fuxir das voces de ultratumba, outro naufraga nun barco aos pés dun faro enchendo de ratas a costa... Son historias nas que o autor consegue espertar a nosa imaxinación. Ides alucinar con elas!
Gonzalo Moure na súa páxina web cóntanos entre outras cousas: "Nací en Valencia, vivo en Asturias, me siento también saharaui, es decir: ciudadano del mundo. Al principio escribía en un ambiente propicio, pero prefiero viajar: ahora escribo, más y mejor, en aviones, trenes, cafeterías y salas de espera. Lo que escribo se llena, entonces, de la vida en ebullición que me rodea". Se queres visitar a súa páxina pica na súa fotografía.
Comentarios
chao
aDriiToo!* 3
Ademáis tiña demasiadas descripcións longas.
CHAO
MONYY