EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS
Jordi Sierra i Fabra
Sierra i Fabra válese da estrutura da novela policiaca para contar a historia de tres amigos moi intelixentes que, con todo, son os únicos alumnos do seu grupo que non superaron esa temible materia dos números. O seu profesor non entende que sendo tan listos sexan incapaces de aprobar un exame que está moi por baixo das súas capacidades, así que decide darlles unha segunda oportunidade: esta vez non se tratará dunha proba convencional, senón dun xogo de detectives. Adela, Luc e Nico deberán facer de conta que ao seu profesor asasinárono; para achar a pista do asasino, terán que resolver problemas matemáticos. Só se resolven de forma correcta cada un deses problemas poderán develar o misterio.

Gústanche as matemáticas? Xa ves que poden ser un xogo se aprendes a velas dun xeito positivo. Asasinar á profe de mates non serve para nada. Poñen a outra no seu lugar e asunto amañado. E quen che di que vai ser mellor que a que tes agora? Ao autor deste libro, Jordi Sierra e Fabra, de neno tampouco se lle daban ben as matemáticas. Pero de maior descubriu que podían ser un xogo. Dinos que o libro está feito para que te rías e sufras un pouquiño co misterio e, ao mesmo tempo, intentar que mires de outro xeito as mates. Cando teñas que resolver un problema, trata de facelo a medida que o vaias lendo, este é o truco.
E cando acabes de lelo fálalle del á túa profe de matemáticas. Se ten sentido do humor, seguro que se rirá e, ao mellor, adopta os métodos do insólito profe desta novela.
Aquí tes algún enlace a páxinas de xogos matemáticos.
Comentarios
Eu xa sabía dende o principio que a morte que a morte non era real! O único que non me gustou foi que a nota final que lles puxeron foi un 5.