Daniel, el Mochuelo, vai trasladarse á cidade para estudar o bacharelato. A noite anterior recorda os feitos que lle ocorreron na súa aldea, e descobre que o seu camiño está alí.
Delibes ten unhas excepcionais dotes de narrador e un gran creador de personaxes. Nas súas novelas relata a vida austera e mísera das xentes dos pobos de Castela, recollendo fielmente a súa forma de falar. Hai quen opina que para ler os libros de Delibes, debido ao léxico que emprega, nun futuro próximo necesitaremos facer uso do dicionario.
Un programa documental sobre o medio ambiente, El escarabajo verde, que leva por título Miguel Delibes, paisajes con palabras, fai un percorrido polos escenarios rurais de Castela que Miguel Delibes recolle nalgunha das súas novelas e fálanos do compromiso deste autor coa realidade do campo de Castela a mediados do século XX.
A partir desta novela faise unha película, en branco e negro, en 1963, dirixida por Ana Mariscal. Posteriormente, en 1977, unha serie de TV de 5 capítulos dirixida por Josefina Molina, que é un retrato da España rural e da paisaxe de Castela. Esta serie foi premiada no Festival de Praga en 1978. Moitos dos seus protagonistas son os habitantes de Molledo. Neste enlace ademais de poder ver esta serie, hai outros vídeos sobre o autor e a súa obra.
Comentarios