EL IMPERTURBABLE HANS
Lemos nesta ocasión unha deliciosa novela negra, cuxos protagonistas son nenos. O argumento sitúanos no pobo alemán de Bad Münstereifel. A súa protagonista é Pía, unha nena de 11 anos. Durante o Nadal a súa avoa explotou por mor dunha combustión (a laca do seu pelo explotou ao acender un misto). No colexio ninguén quere sentar con ela e a mestra séntaa con Stefan, coñecido como "o Apestoso". Stefan e Pía pronto se fan inseparables. Visitan ao señor Schiller, un home maior que lles conta historias de medo relacionadas co pobo e os seus habitantes...
Cando Katharina Linden desaparece, Pía e Stefan comezarán unha invetigación co fin de pescudar a súa desaparición. A desaparición doutras nenas, tamén en estrañas circunstancias, non fará máis que incrementar o misterio e as faladurías do pobo, convencido de que hai un asasino entre os veciños. Estes improvisados detectives descubrirán un misterio longamente silenciado.
É a primeira novela de Helen Grant, unha escritora alemana. Cunha prosa divertida, Grant constrúe unha fábula sobre o odio ao outro, que ten moito de lenda popular. A novela tamén reflexiona sobre a adolescencia e a incomprensión do mundo adulto (tanto Pia como Stefan perderon o apoio da súa familia, a primeira porque os seus pais están a piques de divorciarse, e o mozo porque en realidade nunca lle fixeron demasiado caso na casa), un mundo que non lles entende e que lles parece un lugar horrible. Os pequenos protagonistas ven na resolución do misterio o único xeito de lograr o recoñecemento que tanto anhelan.
Helen Grant (Londres, 1964). En 2001 mudouse coa súa familia a Bad Münstereifel (Alemaña), e inspirouse nas lendas que descubriu nesta cidade para escribir a súa primeira novela, O imperturbable Hans. Vive en Bruxelas co seu marido, os seus dous fillos e o seu gato.
Comentarios
me gustan muxo los libros de aventuras.
IsSsSsSa
(kekki) SäRäH *8*
Bno en resumen un libro genial para leer. Bastante recomendable que hace que tengamos ganas de saber mas sobre esta autora, o bueno, esto es solo mi opinión.