DRAGAL
A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda a que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.
Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega cunha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de “Dragal”, o dragón galego.
A autora naceu en Teruel en 1969 e criouse en Verín. Traballou en diferentes emisoras de radio e tamén en varios xornais. Na actualidade traballa en Cangas de Morrazo. Acaba de publicar o segundo título desta triloxía Dragal, A metamorfose do dragón.
Aquí tedes algunha das ilustracións deste novo título. Se as queres ver pica aquí.

Comentarios

Moniquiña ha dicho que…
Este libro estubo ben.As partes que mais me gustaban eran as trasformacións de Hadrian.
Eiby (Abraham) ha dicho que…
Estuvo ben pero quero que estean en castelán que casi non me entero da "pavana" Saudos ao clube de lectura.
iSa 8 ha dicho que…
pensei que este libro non me iba a gusta pero o final encantoume
isa 8
Anónimo ha dicho que…
Muahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahahahaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!
SäRäH(: ♥ ha dicho que…
Este libro non me gustou moito ( porque nn me gustan os libros de fantasía..), e entón xa o deixei algo de lado. O final empezoume a gustar algo


SäRäH(: ♥
ZeLtiA-14 ha dicho que…
Ao comezar a leer este libro pensei que non me ía a gustar nada, pero despois ao comezaren as aventuras coas catacumbas e todo iso empezou a intrigarme e xa quixen segir leendoo!!