EL CASTILLO AMBULANTE
No país de Ingary, onde as botas de sete leguas e as capas de invisibilidade existen de verdade, Sophie Hatter, convencida de que sendo a irmá maior non podería ter unha vida feliz, atraeu a desagradable atención da Bruxa do Páramo, quen a enfeitiza cun maleficio que a converte nunha anciá. Disposta a facer o que cre adecuado, Sophie viaxa ao único lugar no que cre que poderá atopar axuda, o castelo ambulante que merodea polos outeiros próximos. Pero o castelo pertence ao temible Meigo Howl, que se alimenta, segundo din, dos corazóns de mozas desprevidas.
O cambio de Sophie non é só físico, véndose maior que os outros, comenza tamén a sentirse máis segura e a afrontar as situacións complexas con maior confianza en si mesma, aínda quue os sentimentos que experimenta son os propios dunha adolescente.

Libro de fantasía desbordante, da autora inglesa Diana Winne Jones, que foi alumna dos escritores J.R.R.Tolkien (O señor dos aneis) e de C.S. Lewis (As crónicas der Narnia). É unha autora coñecido e recoñecida nos países de fala inglesa, especialmente por usar dun xeito pouco frecuente e darlle unha volta aos tradicionais contos de maxía e bruxería. A serie completa inclúe outros dous títulos: El Castillo en el aire e La casa de los mil pasillos. O que aquí nos ocupa foi levado ao cine, en formato de animación no ano 2004, polo director xaponés Hayao Miyazaki.

Comentarios

SaRaH 8 xDèé ha dicho que…
Este libro gustoume moiito, dende o principio, aunque normalmente non me gustan deste tipo;)

Sara(;
guadalupe ha dicho que…
me gusto mucho por todo lo que cuentan en especial cuando la niña conoce al chico ME GUSTO TODO