Fernando Marías
Joaquín é un neno orfo que sempre viviu coa ilusión de ser aviador desde que viu un recorte de prensa onde saía unha foto do voo do Plus Ultra. Cando cumpre 15 anos intercambia o seu destino cun compañeiro e consegue entrar como soldado nun cuartel. Alí coñece ao capitán Cortés, do que se fai amigo e logra por fín o seu soño: voar.
Como Cortés confiaba moito nel e era o seu aprendíz, encomendoulle a misión de infiltrase en casa dun vello amigo do capitán, Ramiro, que agora estaba no bando republicano e facer de espía para as tropas franquistas. Pero, unha vez instalado en casa de Ramiro, coñece á muller deste, Constanza, que está embarazada e pola que sentirá admiración e amor o resto da súa vida.
Junker alemán utilizado nos bombardeos das tropas franquistas. Como Cortés confiaba moito nel e era o seu aprendíz, encomendoulle a misión de infiltrase en casa dun vello amigo do capitán, Ramiro, que agora estaba no bando republicano e facer de espía para as tropas franquistas. Pero, unha vez instalado en casa de Ramiro, coñece á muller deste, Constanza, que está embarazada e pola que sentirá admiración e amor o resto da súa vida.
Cando os avións franquistas arrasan Madrid, Constanza e Ramiro morren. A súa filla, ao quedar orfa, é trasladada ao mesmo orfanato onde Joaquín viviu a súa infancia. Despois de moitos anos, este consegue atopala e acóllea baixo a súa protección.
Antes de morrer, Joaquín decide contar a súa historia nun libro e facer unha gravación do seu último voo para entregarlla á neta da súa amada e que esta coñeza toda a verdade sobre a súa avoa, a súa nai e as razóns que o levaron a protexela.
Antes de morrer, Joaquín decide contar a súa historia nun libro e facer unha gravación do seu último voo para entregarlla á neta da súa amada e que esta coñeza toda a verdade sobre a súa avoa, a súa nai e as razóns que o levaron a protexela.
POLIKARPOF I15 "chato" - avión ruso do tipo do que pilotaba por Ramiro.
Fernando Marías Amondo: Naceu en Bilbao o 13 de xuño de 1958. Con dezasete anos trasladouse a Madrid, onde traballou como realizador publicitario e guionista de televisión. Así mesmo colabora con diferentes medios de comunicación de Madrid e Euskadi.
Como guionista de televisión foi o coautor de serie Páxinas ocultas da historia para TVE en 1999. Como guionista de cine escribiu a adaptación ao cinema da súa novela A luz prodixiosa, dirixida por Miguel Fermoso e gañadora de numerosos premios internacionais, ademais de nomeada a varios Goyas da Academia, entre eles o de mellor guión adaptado.
(Se picades no nome do autor iredes á súa páxina onde hai información sobre a súa obra e se picades no título iredes á páxina do Departamento de Lingua e Literatura Castelá do IES Alt Penedés nunha entrada feita polos alumnos de 4º da ESO sobre este libro)
Comentarios
Desi :D
Ademais, penso que ese toque de misterio o fai máis "atractivo".
Sobre o escritor: gustame moito como se expresa e ese intento de ensinanza que deixa que amin, polo menos, me valeu!