CORAZÓN DE TINTA
Cornelia Funke
Un libro que fala de libros. A historia dun encadernador/restaurador de libros (a quen máis adiante coñeceremos como "Lingua de bruxo") e a súa filla. Ambos son auténticos amantes dos libros, aínda que o pai, curiosamente, négase a lerlle en alto, cousa que facía antes e que ela sempre estraña.
Cando o perigo aparece, en forma dun malvado buscador de libros, escapan, buscando esconderse na casa de tía Elinor, outra amante dos libros que leva toda a súa vida adicada a eles.
Pero o perigo segue, e acabarán polos pobos das montañas da Liguria, onde Meggie, a protagonista, coñecerá os misterios que rodean ao seu pai e, tamén, as súas propias habilidades. Claro que todo isto non fai máis que aumentar o perigo no que se atopan...
Cornelia Funke traballou como ilustradora de libros e pronto comezou a escribir para un público novo. Ten escritos máis de corenta libros, traducidos a máis de trinta idiomas, e foi galardoada con numerosos premios internacionais
Algúns dos seus títulos foron levados ao cine, como "El señor de los ladrones" (tes o libro e a peli na biblio, naturalmente), ou a máis recente, "Corazón de tinta". Deste libro lévanse vendidos máis de 6 millóns de exemplares no mundo.
Comproba o que recordas pulsando aquí (se te atreves, claro!!)

Comentarios

Tania Suárez 2-B ha dicho que…
encatoume a peli e o libro está moi ben