Suzanne Collins
É a hora. Xa non hai volta atrás. Os xogos van comezar. Os tributos deben saír á Area e loitar por sobrevivir. Gañar significa fama e riqueza, perder significa a morte segura...
É a hora. Xa non hai volta atrás. Os xogos van comezar. Os tributos deben saír á Area e loitar por sobrevivir. Gañar significa fama e riqueza, perder significa a morte segura...
Que empecen os Septuaxésimo Cuartos Xogos da fame!
Un pasado de guerras deixou os 12 distritos que dividen Panem baixo o
poder tiránico do “Capitolio”. Sen liberdade e na pobreza, ninguén pode saír
dos límites do seu distrito. Só unha moza de 16 anos, Katniss Everdeen, ousa
desafiar as normas para conseguir comida. Os seus prinicipios poranse a proba
con “Os xogos da fame”, espectáculo televisado que o Capitolio organiza para
humillar á poboación. Cada ano, 2 representantes de cada distrito serán
obrigados a subsistir nun medio hostil e loitar a matarse entre eles ata que
quede un só sobrevivente. Cando a súa irmá pequena é elixida para participar,
Katniss non dubida en ocupar o seu lugar, decidida a demostrar coa súa actitude
firme e decidida, que aínda nas situacións máis desesperadas hai lugar para o
amor e o respecto.
Suzanne Collins é unha escritora e guionista estadounidense creadora
da famosa triloxía "Os xogos da fame". A carreira de Suzanne empezou en 1991, como guionista en programas de televisión para nenos. Traballou para
canles como Nickelodeon (Bob esponxa). Ao coñecer ao autor de libros para
nenos, James Proimos, inspirouse para escribir libros para nenos pola súa
conta. O seu primeiro libro foi Gregor e a profecía do gris, da saga
As
Crónicas das Terras Baixas; tamén escribiu un libro de imaxes que riman
titulado Cando Charlie McButton perdeu o poder. Collins alcanzou fama
mundial grazas á súa novela Os xogos da fame, a primeira dunha
triloxía, que foi publicada en 2008.
Comentarios
Y ahora se ha convertido en uno de mis libros favoritos, una gran historia con mucha simbología y mucho sentimiento.
También vi la película y aunque le faltaban muchos detalles está muy bien hecha.