O CORAZÓN DE XUPITER
Ledicia Costas
Ledicia Costas
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo
instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a
través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome
da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre
astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que
semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a
madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que
traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de
sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome
real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e
mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar,
cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de
cambiar para sempre.
Ledicia Costas: Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a
piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños,
escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa
novela Unha estrela no vento (Xerais 1999), obra escrita en plena
adolescencia. O corazón de Xúpiter (Xerais 2012) é a miña
segunda novela.Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos
lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares,
en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do
colectivo Poetas da Hostia. A
día de hoxe formo parte da directiva de Gálix (Asociación Galega do
Libro Infantil e Xuvenil), son avogada a tempo parcial e poeta a tempo
completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira
paixón.
Comentarios
Tamén me gustou moito polo final, xa que é diferente da maioría, e ainda que me gustaría que finalizase doutra forma, non me defraudou.