LAS VENTAJAS DE SER UN MARGINADO
Stephen Chbosky
Stephen Chbosky
O LIBRO:
O protagonista, Charlie, é un mozo de 15 anos intelixente,
aparentemente tímido e solitario. Goza lendo aos clásicos e soña converterse
algún día en escritor.
Charlie queda só tras o suicidio do seu mellor amigo. Vive cos seus pais, a súa popular e guapa irmá e un irmán maior que é unha estrela do fútbol americano. Pero Charlie non está no grupo dos "populares" do novo instituto
Charlie queda só tras o suicidio do seu mellor amigo. Vive cos seus pais, a súa popular e guapa irmá e un irmán maior que é unha estrela do fútbol americano. Pero Charlie non está no grupo dos "populares" do novo instituto
Ao coñecer a Sam e Patrick, os seus novos amigos, empeza a comprender o
que é ser un adolescente, e inicia unha viaxe cara á madurez na que percorrerá novos e inesperados camiños: novas músicas, a bebida,
o tabaco, as drogas...
É un libro moi especial polo personaxe de Charlie, tan inocente e intelixente, cunha visión
moi particular do mundo que o converte nun ser extremadamente sensible, cun
enorme corazón.
Está narrado a través das cartas que Charlie escribe a un amigo
contándolle o que lle pasa e os seus pensamentos, dando a sensación de falar directamente cos
lectores. Ao final descóbrese algo totalmente
inesperado, que nos axuda a comprender porque Charlie é como é.
As vantaxes
de ser un marxinado foi adaptado ao cine en 2012. Foi o propio autor quen se encargou de adaptar o
guión e de elixir os actores.
O AUTOR:
Stephen Chbosky (Pittsburgh, 25 de xaneiro de 1970).
Novelista,
guionista e director de cine americano, coñecido especialmente por ser o autor
da novela "As vantaxes de ser un marxinado" (1999) que resultou ser un grande éxito entre os lectores adolescentes. Tamén escribiu o guión e dirixiu a película baseada nesta novela, que se estreou no 2012. A película está protagonizada polos actores Logan Lerman, Emma Watson e Ezra Miller.
Actualmente reside nos Ánxeles, California.
Comentarios
Mi parte favorita es en la que Charlie le regala a cada uno algo que sabe que les encantará porque observa todo y los conoce más de lo que piensan.
El trailer de la película tiene muy buena pinta, estoy deseando verla.
A mi los libros de pensar no me van