ÁMOTE LEO A.
DESTINO XALUNDES
Rosa Aneiros
DESTINO XALUNDES
Rosa Aneiros
Catro
amigos e unha grande viaxe. Este era o plan que tiña Leo ao rematar os estudos
universitarios. Uns meses antes de partir os seus colegas bótanse atrás e Leo debe tomar unha decisión
transcendental: desistir ou marchar soa. Así
comeza unha viaxe chea de aventuras e de personaxes fascinantes na que chegará moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona,
Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta
apaixoante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos
lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa
mensaxe? Este libro dá inicio a unha triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará
o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces
resultan moito mellores.
A AUTORA: Rosa Aneiros Díaz
A AUTORA: Rosa Aneiros Díaz
É
unha escritora galega nada no lugar de Meirás, no concello de Valdoviño en
1976. Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago
de Compostela, foi profesora na Escola de Humanidades de Lugo.
Colaborou no programa da Radio Galega Un día por diante,
así como en varios xornais: Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe,
Diario de Ferrol, El País e nalgunha revista: Grial, Fadamorgana, A Casa da
Gramática.
É
a guionista da curtametraxe O
señor do telexornal, aínda que a súa actividade literaria está
centrada no relato e, sobre todo, na novela. Con Resistencia recibiu o premio Arcebispo Xoán de San
Clemente á mellor novela en lingua galega do ano 2002. En 2009 gañou o premio Xerais á mellor novela con Sol de inverno así como o premio Fundación Caixa
Galicia ao mellor título de
literatura xuvenil, con Ás
de bolboreta, que foi incluído na prestixiosa lista The White Ravens 2010. Obtivo tamén
o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia á mellor
obra infantil e xuvenil do 2013, pola triloxía Ámote Leo A.
Actualmente
traballa no Consello da Cultura Galega.
Nun encontro con lectores a autora dixo:
«A pesar de todo o que está sucedendo, non é verdade que se acabe o mundo, non é certo. Esta é a razón pola que escribín Ámote Leo A., xa que debemos ser capaces de loitar polo que queremos facer, abrir as pechaduras e as fiestras».
«A viaxe de Leo é, tamén, unha viaxe cara o seu interior, para coñecerse. Non importan só as cidades que visita, tamén as persoas que coñece e os libros que le sobre a viaxe. Non esquezamos, como se di no propio libro, que aprender a viaxar e aprender o que queremos e o que non queremos.»
«Quixen facer un libro moi optimista, unha viaxe que se gozase lendo. Mais tamén advirto que esta é a viaxe de Leo. Non pretendín facer unha guía de viaxe, nin que aparecesen todos os monumentos e lugares, son cada unha das cidades a través dos ollos de Leo»

A TRILOXÍA:
Os outros dous títulos da triloxía son: Ámote Leo A. Estación de tránsito e Terminal de chegadas. O segundo xa está publicado e o terceiro estará no mes de xuño. De fácil lectura estes libros tratan temas como o amor e o desamor, as viaxes, as novas tecnoloxías...; e transmiten valores como a igualdade de xénero, a capacidade de superación, o esforzo, o amor polo descoñecido...

Aquí vos deixo algunhas imaxes que corresponden, por orde, a Barcelona, Lisboa, Istambul, Marrakech, Granada e O Cairo.
Comentarios
Lo único que me intrigó fue quien escribía los mensajes de "Amote Leo A."