O CLAN DAS BRUXAS
Maite Carranza
A AUTORA:
Maite Carranza
Desde tempos inmemoriais, os clans das bruxas Omar viviron
agochándose das sanguinarias bruxas Odish e agardando a chegada da elixida pola
profecía.
Agora os astros confirman que o tempo está próximo. Anaíd, que viviu durante os
seus catorce anos de vida apartada nunha vila do Pireneo, ignora os segredos
que teñen que ver coas mulleres da súa familia... Ata que a misteriosa
desaparición da súa nai, Selene a roxa, a enfronta cunha verdade tan arrepiante
coma incrible e obrígaa a percorrer un longo camiño cheo de perigos e de
descubrimentos..
A AUTORA:
Maite Carranza, naceu en Barcelona en 1958, estudou Antropoloxía.
Antes de dedicarse plenamente á creación de novelas e guións, foi profesora nun
instituto de Bacharelato. Iniciou a súa andaina como escritora de literatura
xuvenil grazas á publicación da súa primeira novela Toma castaña! (1986)
merecedora do Premio da Crítica Serra d?Or. Seguíronlle os Premios Folch i
Torres en 1987, pola Rebelión dos lactantes e o Joaquim
Ruyra en 1989, pola Selva dos Arutams. Máis recentemente, en 2002, gañou o Premio
Edebé Infantil por Queres ser o noivo da miña irmá?, en 2006 fíxose co Premio
Protagonista Novo por O deserto de xeo e o Premio Edebé
Xuvenil en 2010 por Palabras envelenadas.
Publicou máis de corenta
títulos. Algúns títulos de gran éxito son Frea Cándida, frea!, Mauro
ollos brillantes, Maxia dunha noite de verán e a
triloxía fantástica A guerra das bruxas (2005-2007), traducida a máis de 20 linguas,
á que pertence O clan da loba.
Actualmente compaxina a creación
literaria coas tarefas de guionista e a docencia universitaria.
A GUERRA DAS BRUXAS:
A guerra das bruxas é unha triloxía que está formada polos seguintes libros: O clan da Loba, O deserto de xeo e A Maldición de Odi.
A GUERRA DAS BRUXAS:
A guerra das bruxas é unha triloxía que está formada polos seguintes libros: O clan da Loba, O deserto de xeo e A Maldición de Odi.
A historia trata das aventuras de Anaíd, unha bruxa do clan das Omar
que debe empuñar o cetro de poder e dominalo para vencer ás Odish, as
temerarias bruxas que se alimentan de sangue das súas inimigas para ser
inmortais.
A nai de Anaíd é a suposta
"elixida" no primeiro libro, pero despois confésanlle a Anaíd que ela
é a verdadeira elixida e que a súa nai estaba a tentar ocultala das Odish. No
deserto de xeo, é onde a elixida descobre a súa orixe e onde naceu e chama sen
ser consciente á Odish nigromante Baalat, a súa maior inimiga. No terceiro
libro Anaíd debe enfrontarse á traizón, o rexeitamento dos seus e a soidade, a
maldición cumpriuse: a elixida incorreu nos erros, sucumbiu ao poder do cetro e
até os mortos reclaman o seu tributo.
Comentarios