PODEROSA
Sergio Klein
Poderosa. Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man.Unha lectura divertida, refrescante, orixinal e fácil de ler.
Despois do grande éxito en Brasil, México e Arxentina, chega ao club Arao este título. Unha moza normal, chamada Joana, posúe o poder de cambiar o que ocorre ao seu redor. A partir de que se dá conta deste poder, Joana comeza a escribir cousas que se farán realidade sempre que escriba os seus desexos coa man esquerda.
O poder da escritura e da palabra pode ser suficiente para cambiar a historia e o presente. Así nolo conta o escritor brasileiro Sergio Klein: Todo o que escribe coa man esquerda convértese en realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa, moi especial...No segundo título da serie, Poderosa 2, Sérgio Klein adéntrase no complexo mundo da adolescencia e embárcanos na aventura de descubrilo. Un novo diario protagonizado por Joana. Unha serie de libros para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras. Hai un terceiro volume Poderosa 3 que xa está publicado en Anaya en castelán. Podes lelo se picas no enlace.
O AUTOR. Sergio Klen comezou a súa carreira literaria como poeta, logo pasouse á narrativa converténdose no autor para rapaces máis destacado do Brasil. Faleceu o pasado mes de xullo en Bello Horizonte (Brasil), a mesma cidade onde nacera en 1963.

Comentarios
amin poderosa gustoume mais o final porqe o principio non entendin ninunha palabra pareciame chino -.-
Pero estubo moi ben o liibro a parte que mas me gustou foi cando a avoa volve a ter 13 anos e lle bica a Luis Augusto, tamen me gustou cando cambiou a historia de Xoana de arco ( creo que se chama asi)
Poderosa para min é un libro moy entretido e moy divertido.Está ven para empezar o club de lectura 14/15.
E que os seguintes libros sean así de divertidos.
É un libro de fantasía dunha rapaza adolescente que lle ocorre todo o que ela escribe coa man esquerda.
Ao principio aburre pero cando vas pola pax. 60 empeza a enganchar!!!!!!!!!11
Pareciume unha chorrada o de dany poñéndose pirsins por o corpo.Pero o que mais me gustou foi o da protagonista e as suas historias.