APOCALIPSIS Z
Manel Loureiro
A civilización xa non existe. Non hai internet. Nin televisión. Nin móbiles. Xa non hai nada que che lembre que es un ser humano. A Apocalipse empezou. Agora só queda un obxectivo: SOBREVIVIR.
Nunha república caucásica libérase, tras un atentado, un virus que se expande sen freo por todo o planeta. A enfermidade mata a quen a padece... pero o afectado resucita ás poucas horas, e tras levantarse de novo ataca de forma rabiosa a calquera persoa que non fose infectada. En España, un novo avogado leva un diario no que, desde o primeiro día, anota as súas observacións sobre ese desastre afastado, un desastre que terminará por chamar ás portas da súa casa. En busca dun lugar seguro, o protagonista cruzará o territorio que antes coñeceu como Galicia e que quizá agora mereza outro nome.
"Apocalipse Z. O principio do fin" é a primeira novela de Non Mortos ambientada no noso país «Un relato que consegue pór os pelos da caluga como escarpias grazas á constante combinación de normalidade e proximidade coa que relata a chegada dos zombis a España.» según Álvaro Pons na páxina, www.lacarceldepapel.com. Forma parte dunha triloxía, que segue cos títulos "Apocalipsis z. Los días oscuros" e "Apocalipsis Z. La ira de los justos".
A novela segue a liña de novelas como "Soy Leyenda" de Richard Matheson de 1954, levada ao cine por última vez (que non primeira) no 2007 e protagonizada por Will Smith.
Comentarios