Cando petan na porta pola noite
Xabier P. Docampo
Logo dunha reflexión inicial do autor sobre o gusto pola narración oral, que inclúe o recoñecemento a seu pai como gran contador de historias, reúnense catro historias de medo co desexo de que o lector sexa tamén dono do seu propio medo e as faga súas, para contalas tamén, a xeito de transmisor oral, continuando o fío da literatura tradicional popular.
As historias levan por título: O espello do viaxeiro, O fornadas, A loba e O cumpremortes.
Queríades un título 'de medo', pois xa o tendes! Agora a ver se algún non dorme polas noites, que o Xabier, cando se pon, mete medo!!
Queríades un título 'de medo', pois xa o tendes! Agora a ver se algún non dorme polas noites, que o Xabier, cando se pon, mete medo!!
E con este libro temos sorpresa: poderedes comentalo co propio autor! Ide pensando o que vos gustaría preguntarlle, ou o que queredes comentarlle. Eu, persoalmente, pediríalle que nos contase algunha historia de medo das que el sabe, que son unhas poucas.
Xabier Docampo naceu en Rábade, na comarca da Terra Chá (Lugo). É autor de literatura
infantil e xuvenil. A súa obra Cando petan na porta pola noite foi
seleccionada como unha dos cen mellores obras do século XX, e foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Xuvenil. Ten libros seus nas listas de honra internacionais como a IBBY (International Board on Books for Young People) e premios como o The White Ravens (Internationale Jugendbibliothek-International Youth Library).
Ao longo da súa traxectoria profesional meteuse en mil leas diferentes: actor, director de teatro,
guionista e director de radio, vídeo e televisión, dirección de revistas de Literatura xuvenil,... Como profesor, sempre estivo
relacionado cos movementos de renovación pedagóxica. Agora leva xa uns anos xubilado, o cal non quere decir que estea quieto...
Nenopixamaaraias from Librco
Comentarios
Xabier P. DoCampo