O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS
Marcos Calveiro
Vincent van Gogh (Zundert,1853 – Auvers,1890)
Marcos Calveiro
ARGUMENTO: Un
adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa
tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a
Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre
o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo
no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os
convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubrirá o amor,
coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á
morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.
O AUTOR:
Marcos
Calveiro (1968)
Neto de feirantes taberneiros, vive en
Vigo, onde desenvolve a súa actividade profesional como avogado. Deuse a
coñecer como narrador coas novelas xuvenís Sari soñador de mares (2006) e Rinocerontes e quimeras (2007),
a primeira traducida ao catalán e a segunda ao castelán e ambas as dúas moi ben
valoradas pola crítica.
En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por O carteiro de Bagdad, novela editada en galego e castelán,
que logo recibiría o Premio White Ravens
en 2008.
Máis recentemente, mereceu o Premio
Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por O canto dos peixes (2008)
e o Premio Lazarillo de Literatura
Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas
Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010 pola novela O pintor do
sombreiro de malvas (Xerais
2010).
En 2011 publica Lois Pereiro. Náufrago do
paraíso (Xerais 2011).
En Xerais Narrativa leva publicadas
dúas novelas: Festina lente (2008) Premio da Crítica 2008
(narrativa), Premio Fervenzas Literarias
ao Mellor Libro de Narrativa adultos, Autor
do ano, 2008 e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009
e Setteccento (2010).
Como poeta publicou Cartas do terceiro día (2007),
VIIº Premio de Poesía Concello de Carral.
Foi
un pintor neerlandés. Pintou uns 900 cadros (deles
27 autorretratos e 148 acuarelas)
e 1.600 debuxos.
A figura central na súa vida foi o seu irmán menor Theo,
quen lle prestou apoio financeiro continua e desinteresadamente.
Xa
desde moi novo tivo inclinación cara ao debuxo e o seu primeiro traballo foi
nunha empresa de marchantes de arte, viaxando entre A Haia, Londres e París.
Despois ensinou durante un tempo en Inglaterra. Máis tarde converteuse en
pastor protestante e en 1879, á idade de 26 anos, marchou como misioneiro a
unha rexión mineira de Bélxica, onde comezou a debuxar á xente da comunidade local.
En 1885 pintou a súa primeira gran obra Os comedores de patacas; nese momento a súa paleta compoñíase de tons sombríos de terra. A luz de cores vivas pola que é coñecido xurdiu en obras posteriores, cando se trasladou ao sur de Francia conseguindo a plenitude durante a súa estadía en Arlés en 1888.
En 1885 pintou a súa primeira gran obra Os comedores de patacas; nese momento a súa paleta compoñíase de tons sombríos de terra. A luz de cores vivas pola que é coñecido xurdiu en obras posteriores, cando se trasladou ao sur de Francia conseguindo a plenitude durante a súa estadía en Arlés en 1888.
Malia a calidade da súa obra, esta só foi recoñecida logo da súa morte e
hoxe é considerado un dos grandes mestres da pintura.
Sufriu
frecuentes brotes dunha enfermidade mental ao longo da súa vida, o que o levou
a se producir unha ferida de bala que acabou coa súa vida á idade de 37 anos.
Comentarios