EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE
Mark Haddon
Mark Haddon
O curioso incidente do can a medianoite é unha novela que non se parece a ningunha outra. O seu protagonista, Christopher Boone, ten quince anos. É un rapaz diferente a os outros da súa idade: coñece as capitais de todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e recitar os números primos até o 7.507,sabe por que a vía láctea vese como unha liña, ou por que de noite estamos ás escuras a pesar de haber tantas estrelas no ceo, pero ten dificultade con outras cousas. Cústalle relacionarse con outros seres humanos, non lle gusta falar con descoñecidos e que o miren fixamente. Gústanlle as listas, os esquemas e a verdade, pero odia o amarelo, o marrón e o contacto físico. Non lle gusta que os estados de ánimo doutras persoas sexan tan complexos. Un can, por exemplo, só pode estar alegre, triste, enfadado ou concentrado. Ademais, os cans son fieis e non din mentiras porque non falan, así que a Christopher gústanlle. Por iso, cando atopa ao can da súa veciña asasinado no xardín da súa casa, decide investigalo como fan os personaxes das súas novelas favoritas; as policíacas e, aínda que nunca vai só máis aló da tenda da esquina, Christopher decide iniciar a procura do culpable.
A medida que avanza o libro, o protagonista fala de si mesmo, da súa familia, os seus veciños, os seus profesores... relegando a investigación do asasinato a un segundo plano cando outros acontecementos adquiren maior importancia na súa vida. A través dunha linguaxe sinxela o autor achéganos ao mundo do protagonista, un mozo con síndrome de Asperger, e axúdanos a comprendelo.
O AUTOR: MARK HADDON
Mark Haddon (Northampton, 26 de setembro de 1962) é un escritor, ilustrador, pintor e profesor inglés. Licenciouse en literatura inglesa na Universidade de Oxford. Escribiu numerosos libros para nenos e un poemario. Traballou durante un tempo con persoas con deficiencias físicas e mentais, o que lle axudou a crear a súa primeira novela O curioso incidente do can a medianoite (2004), gañadora do premio Whitbread e o Commonwealth. Antes de escribir este libro, xa escribira e ilustrara contos para nenos. Tamén participaba na creación de guións para series e películas de TV.
O libro converteuse nun inesperado éxito en todos os países nos que se publicou. Superou o millón e medio de exemplares vendidos e foi traducido a 35 idiomas.
Comentarios