POMELO Y LIMÓN
Begoña Oro
"Jorge e María son dous adolescentes como tantos outros: saen cos seus amigos, comunícanse con eles nas redes sociais, namóranse... Todo isto sería normal se as nais de María e Jorge non fosen tan famosas. Os dous mozos vense envoltos nunha espiral de rumores da que só saen lembrando que as palabras que eliximos para contar a nosa historia son as que realmente dan forma ao noso mundo".
... E resulta curioso, dada a importancia que ten, logo, o xeito de contar (que dá forma á nosa vida), o xeito en que a autora nos relata a relación entre estes dous adolescentes. Pode ser que esta historia, a de Jorge e María, fose outra se, efectivamente, as súas nais non fosen tan famosas ou, sobre todo, se non fosen "os outros" os que intentaron contar e manipular a súa historia ao xeito que máis lles interesaba a eles. Sorprende, por tanto, a identidade do narrador que, este si, faino co beneplácito dos protagonistas.
Begoña Oro, zaragozana de nacemento, estudou Dereito e Humanidades na especialidade de Literatura. Leva moitos anos vinculada ao mundo do libro como traductora, autora -non só en Literatura Infantil e Xuvenil- e como editora. Traballa ademais en plans lectores en centros escolares. É unha das primeiras escritoras en simultanear o libro tradicional en papel co uso de internet. Con este libro, Pomelo y Limón gañou o Premio Gran Angular 2011 de Literatura Xuvenil. Podes acceder á sua páxina aquí e ler unha entrevista con ela aquí.
Comentarios
-O interes e coidado que invertiu a creadora a que este libro seaxa similar a unha axenda escolar.
-O ben detallada que está a historia entre María e Jorje, que non hai fronteiras a pesar de que suas nais sexan famosas
-Cousas que ma gustaron:
una das cousas que mas me gustaron foron as cartas que se enviaban e os dibujos de Jorge.
-Cousas que menos me gustaron:
una das cousas que menos me gustaron foron os capítulos nos que aparecian as nais dos protagonistas (polo tema de ser famosas).
Bo libre pero hainos mellores(PARA O MEU GUSTO) porque amin non me gustan as historias de amor.
Gustoume eso de que se poda mirar en internet o blog e todo eso e pouco mais se pode decir que pasei un bo rato leendo.
Amin o libro gustoume moito cando o terminei porque cada vez que vas avanzando entendes máis a historia.
¿Quen se iva imaxinar que podían ter sido irmáns?Pero xenial!Ó final.Todo remata felizmente como unha historia real de amor.
GUSTOUME MOITO!
♥