UN MUNDO FELIZ
Aldous Huxley
A vida transcurre case
tal e como estaba prevista para Bernard (un Alfa-máis)
e Lenina (unha Beta-máis) no seu mundo feliz. Pero a intelixencia que lle foi permitida a Bernard, xunto
cun aspecto físico non tan excelente como debera ser nun exemplar da súa caste,
crea unha certa incomodidade, unha
adaptación non tan perfecta á Sociedade
como era de esperar. O problema real xurde cando, en compañía da ‘neumática’
Lenina visitan a Reserva dos salvaxes, que viven faltos da tecnoloxía máis
elemental e nun conglomerado de creenzas que veñen de épocas anteriores á creación
da “Sociedade”. Alí coñecen a John (el salvaje), nacido por un fallo do sistema
de anticoncepción e que resulta ser fillo do xefe de Bernard. Grazas a esta característica levan a John con
eles ao seu mundo, onde as diferentes formas de entender a vida, e ao ser
humano, entrarán en conflito...
Un mundo feliz é unha novela escrita en 1932 (!!) onde o
autor describe unha sociedade futurista (?) aparentemente feliz: os seres
humanos son concebidos de forma industrial, con características xenéticas
específicas. Son condicionados psicoloxicamente desde o seu nacemento para
aceptar sen problemas o seu ‘status’ social e o traballo para o que foron
diseñados. Ademáis teñen o “soma” como ‘premio’ e como forma de facer
desaparecer calquera tipo de inquietude por pequena que sexa. As relacións entre
persoas son sempre superficiais e os encontros sexuais son favorecidos sempre e
cando non impliquen o “risco” dunha relación máis profunda. Unha dictadura
perfecta camuflada como unha especie de democracia saludable, sen problemas e
sen conflictos... e tamén sen seres 'humanos'.
Aquí tedes un trailer de presentación e tamén podedes ver o comentario de "Somosbooktubers" e aquí o de "Libro Recomendado"
Aquí tedes un trailer de presentación e tamén podedes ver o comentario de "Somosbooktubers" e aquí o de "Libro Recomendado"
Comentarios
También quiero decir que no me gustaría vivir en un mundo en el que te lo dan todo al momento y en el que ya desde antes de tu nacimiento estás "condenado" a vivir de tal forma o de tal otra.