UNHA ESTRELA NA BIBLIO
Ledicia Costas


 A vida do protagonista xira en torno ao instituto, a profe que lle ten “manía”, a familia e un bar onde se reúnen todos para xogar ó billar. O grupo de colegas, a propia identidade dentro do grupo, o ambiente de instituto, os problemas cos pais, o amor adolescente, a rivalidade entre pandas... son todos ingredientes desta narración.Os problemas propios da idade, o enfrontamento co mundo adulto, a afirmación da propia personalidade... xúntanse a unha proliferación de conflictos que, aínda sendo ficción, sabemos que se poden dar na realidade.


Outros aspectos importantes son a presencia de personaxes do pobo xitano e a dificultade da relación cos paios, rompendo antigos prexuícios, e a introducción dun personaxe con minusvalía que ha de moverse en cadeira de rodas... Todo esto fai que ese mundo de panda adolescente amplíe as súas fronteiras e os seus problemas. Xa non son unicamente problemas persoais ou familiares senón que acaden horizontes máis amplos.
Unha historia tráxica que fará medrar a personalidade do protagonista.
 Tivemos a sorte de poder conversar con Leicia, aínda lamentando non poder tela en persoa. Ca sabedes moitas cousas dela. Para que non se esquezan deixo aquí unha copia da información que tedes no folletiño informativo:


Comentarios

Álex Carril Novoa 2ºB ha dicho que…
Hola, soU Álex de 2ºB e aquí deixo o meu comentario.
Gustoume moito o libro excepto o final xa que morre un personaxe moi cercano a Miguel e eso fastidiame.
Tamén teño que decir que o libro lino moi rápido porque me enganchou moito.
A videoconferencia coa escritora estuvo moi ben e tamén nos contestou unha chea de preguntas.
Cesar Carvalhal Tajes 2ºA ha dicho que…
Hola, amín o libro gustoume moito, de todos os que lein este ano, este foi o que máis me gustou, excepto o final, pero como ben díxo a escritora na videoconferencia, non podían ''ser todo rosas''. E aparte si o libro terminase ben, non teria ese gusto ao estalo lendo, porque empezaría ben e acabaría ben, pero aparte deso nin me gustou o final nin me disgutou.E outra cousa que me gustan deste tipo de libros é que cando o empezas, non o podes deixar de leer, debido a que estás sempre estás esperando o que pasará.
Martín Luaces ha dicho que…
Este libro foi moi interesante e moi emocionante capítulo a capítulo, pareceume que estaba moi relacionado coa vida de antes cando os amigos ían pola rúa en bandos cun lider como ben nos dixo a autora. O final gustoume moito, pero disgustoume cando morreu o seu curmá Abel nese acantilado.
Foi o que mais me gustou dos tres que lemos no club e estivo moi ben, coma a charla coa autora.
Miriam 2°A ha dicho que…
O libro gustoume moito xa que cando empezas a leelo, non podes deixar de leer xa que estás sempre pensando no que pasará. Pero non me gustou o final cando morreu o curmá Abel.