MENTIRA
Care Santos 
Xenia loita por sacar as mellores notas, impulsada pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento está a baixar. E é que Xenia namorouse, aínda que non dun mozo da súa contorna, senón dunha pantasma, dunha voz xurdida de Internet coa que comparte a súa paixón pola lectura. Como Xenia é decidida e o seu amor virtual négase a unha cita, proponse sorprendelo, de modo que inicia as súas investigacións cos poucos datos de que dispón.
E todo resulta ser falso, unha mentira, nin a foto nin o nome son reais. Quen é en realidade a súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos confesa todo aos seus pais, segura de ser vítima dalgún desaprensivo. Pero pronto un paquete inesperado vai revelarlle a identidade do raparigo co que compartiu os seus máis íntimas emocións. Provén do cárcere de menores e contén a historia dun asasino...
              Care Santos naceu en 1970 en Mataró (Barcelona). Empezou a escribir aos 8 anos e desde sempre tivo claro que non quería facer outra cousa. Aos 14 anos gañou o seu primeiro concurso literario e aos 25 publicou o seu primeiro libro, unha colección de relatos. Desde entón, publicou varias novelas,  libros de contos, dous libros de poesía e un gran número de novelas xuvenís.
              En literatura xuvenil é unha das autoras máis lidas do noso país, e a súa obra foi traducida ao alemán, francés, italiano, portugués, romanés, polaco, sueco, noruegués, holandés, hebreo, grego, lituano e coreano. Na biblioteca do centro podedes atopar varios títulos da autora, dos que probablemente xa teñas lido algún. Quen fará a reseña "booktuber"??

Comentarios