TRISTES ARMAS
Marina Mayoral
Durante a Guerra Civil Española,
Miguel e Carmiña, combatentes no bando republicano, deciden enviar ás súas
fillas a Rusia para afastalas dos perigos da contenda. As nenas, Harmonía e
Rosa, deben aprender a vivir separadas da súa familia e da súa patria, e a súa
historia convértese nun claro exemplo do horror e a tristeza que acompañan a
todas as guerras.
As dúas irmás refuxiadas en terras moscovitas, se crían alí
alleas a todo o que en España está a ocorrer neses momentos: a morte do seu pai
na fronte, a difícil vida da súa nai viúva... A única ligazón das nenas coa súa
familia é unha carta que, polos avatares do momento, tarda corenta e cinco anos
en chegar ao seu destino.
O desenlace da novela preséntanos
ás dúas irmás de volta en Galicia, cheas de ilusión pero tamén de recordos da
súa dramática nenez.
Nesta novela, a autora rende
homenaxe aos nenos da Guerra que marcharon exiliados á Unión Soviética. A obra,
narrada de modo realista, fai un repaso polo que significou a dura época da
Guerra Civil española.
Coma sempre, a lectura, ademais de facernos pasar un rato
agradable lendo um libro que nos guste, tamén nos serve para informarnos de
diferentes temas dos que aparecen referencias no libro. No caso deste libro aprendemos
feitos relacionados coa Guerra Civil Española e coa Segunda Guerra Mundial.
Marina Mayoral, nacida en Mondoñedo, é novelista e Catedrática de Literatura
Española na Universidade Complutense de Madrid. Entre o centenar de
traballos de investigación que ten realizado sobre diversos autores e
épocas destacan os seus estudos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. Escribe en galego e castelán. Algunhas das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, portugués, polaco e chino. Sobre este libro a propia autora dí:
Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ao seu destino.
Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía
e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos,
dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado
en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza. É unha historia
de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e
mulleres zarandeados e maltratados polos ventos do odio. Pero Tristes
armas é sobre todo unha historia de amor. Tristes armas presenta dende un punto de vista sinxelo e profundamente humano algúns episodios da Guerra Civil, desde o punto de vista dos que non combateron, pero que sufriron as súas terribles consecuencias.
Comentarios
O libro non me gustou (hainos mellores) pero a historia esta moi ben elaborada.
De 10 poñeríalle un 7.
Este fui o meu comentario.
É unha etapa da guerra que desfai unha familia en partes; unha vida moi difícil. Pero superable. Valoro moitoa esas rapazas.