Silvia, estudante de Medicina, marcha á India durante un verán para traballar como cooperante nun hospital dirixido por unha doctora española. Ao facelo, enfróntase cos seus pais e co seu noivo, e toma así unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de dous, senón de tres mundos: por unha banda Arturo, o seu noivo, que a espera en España; por outro Leo, cooperante coma ela, capaz de renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, un hindú que garda o máis doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras.
O autor, Jordi Sierra i Fabra, naceu en Barcelona. Comeza a escribir con 8 anos e aos 12, escribiu a súa primeira novela longa, de 500 páxinas. Traballou como comentarista musical e director de revistas de rock. Ten unha extensa obra que (alcanza os 400 libros escritos) e obtivo multitude de premios. En 2006 e 2010 foi candidato ao premio Hans Christian Andersen, representando a España. Viaxeiro impenitente, a súa obra nútrese moitas veces das súas propias vivencias ao longo e ancho do mundo. En 2004 creou a Fundación Jordi Sierra i Fabra en Barcelona, destinada a promover a creación literaria entre os mozos de lingua española. Cada ano convoca un premio literario para menores de 18 anos. Pica no cartel de abaixo para ver algunhas curiosidades sobre a India:

Comentarios
O libro vai dunha moza de 19 anos que vai a facer prácticas á India, entre romances, novas experiencias, problemas coa familia que deixa en España, que se arranxarían tempo despois, lioume bastante, e como dixen antes, non me gustou.