CARTAS DE INVERNO
Agustín Fernández Paz
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a
Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa
ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os
estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a
Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous
amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan
sequera somos quen de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das
monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz
(en primeira), que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en
primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e
simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio
Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é un dos
escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e
xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de corenta
e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás
outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten
diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, francés, árabe e
italiano. Os seus libros obtiveron numerosos premios, en Galica, en España (Premio Nacional de Literatura) e en diferentes países, con dous títulos seus no prestixioso "Catálogo White Ravens da International Youth Library". Agustín Fernández Paz, persoa sinxela e entrañable, foi sempre un gran defensor da nosa lingua ao tempo que un gran defensor da calidade literaria da Lit. Xuvenil.
Comentarios
O libro non o entendín e tampouco me gustou xa que era moi lioso e aburrido leer tanta carta pero bue hai que leer de todo porque se non non podes saber se te gusta ese xénero.
PARA O ANO MÁIS E MELLOR.