EL PRÍNCIPE DE LA NIEBLA
Carlos Ruíz Zafón
O príncipe da brétema é unha novela xuvenil de Carlos Ruíz Zafón publicada orixinalmente en lingua castelá en 1993, acadando ese mesmo ano o Premio Edebé de Literatura Xuvenil.  
A historia está ambientada en xuño de 1943. Unha familia escapa da II Guerra Mundial, indo vivir a unha vila na costa atlántica. O protagonista (Max de 13 anos), e a súa irmá (Alicia, de 15 anos) coñecen a Roland, outro rapaz da vila, que lles amosa a gran cantidade de maxia e fantasía que rodea á vila, ó mar, e á súa casa. Os anteriores propietarios da casa sufrirán a persecución dun estraño personaxe ata saldar unha antiga débeda.
Aquí tedes o "booktuber"coa opinión de Carla e o "booktrailer" oficial do libro.



O AUTOR:
Carlos Ruiz Zafón, nado en Barcelona en 1964, é un dos autores máis lidos e recoñecidos en todo o mundo. Inicia a súa carreira literaria en 1993 con O príncipe da brétema, o primeiro título dunha triloxía da que tamén forman parte O palacio da medianoite As luces de setembro  e máis tarde Mariña. En 2001 publícase a súa primeira novela para adultos, A sombra do vento, que pronto se transforma nun fenómeno literario internacional. En 2008 publica O xogo do anxo e en 2011 O prisioneiro do ceo. As súas obras foron traducidas a máis de cincuenta linguas e conquistaron numerosos premios e millóns de lectores no cinco continentes.

Comentarios

Yanira 2º A ha dicho que…
Este libro pareceume moi interesante, pero doume moita pena e o mesmo tempo medo.
Non era capaz de parar de leer.
Caroool 1ºA ha dicho que…
Pareceume moi interesante ,vale a pena perder un pouco de tempo ao dia para leelo,esta moi currado.
Nerea 2ºA ha dicho que…
Gústoume moito este libro, pareceume moi interesante e moi fácil de leer. Leelo non é unha perda de tempo.
Vanina 2ºA ha dicho que…
Encantoume este libro, enganchoume desde o primer momento con todo ese misterio que iba soltando. Recomendoo moito, sobre todo aos amantes dos misterios.