TIM BOWLEY (Londres, 1945) Narrador, especialista en contos tradicionais de todo o mundo, que ficaron gravados na memoria de moitas persoas, maiores e pequenos. Imparte cursos e realiza sesións de contacontos en cidades e vilas de Galicia, España e Portugal. Durante os seus máis de 20 anos de experiencia percorreu coas súas actuacións numerosos países. Colaborou nunha antoloxía narrativa publicada en Reino Unido e editou a obra bilingüe inglés-español titulada “Semillas al viento”, en colaboración con Casilda Regueiro, coa que durante varios anos formou tándem artístico. Tamén é autor dos álbums infantís “Xaime e as landras” e “Amelia quere un can”,
ÓSCAR VILLÁN (Ourense, 1972) Licenciado en Belas Artes, na especialidade de Pintura. Co seu primeiro traballo de ilustración para público infantil, “O coelliño branco ”, recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración 1999. Ao ano seguinte, esta obra foi incluida polo Banco do Libro de Venezuela no catálogo dos ‘Mellores Libros para Nenos’. Ademais, este álbum está adaptado á linguaxe de pictogramas para a colección ‘Makakiños’. Ilustrou outros como “A cebra Camila”, “Amora” e a colección “Do berce á lúa” para prelectores, aos que se suma o álbum infantil “Un becho estraño”,
O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos
Este libro de relatos é unha mostra dos mellores contos do narrador Tim Bowley, ilustrados por Óscar Villán co seu inconfundible estilo. Contos do mundo, sobre reis e princesas, mundos fantásticos e animais parlantes. O humor e a ledicia, a tenrura, o medo e o terror, están presentes nestas historias que nos permiten facer viaxes imaxinarias ata fragas enmarañadas, vales profundos ou altas montañas, para coñecer personaxes inauditos e experimentar aventuras trepidantes. Contos marabillosos cheos de sabedoría.
Comentarios