MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas naceu en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 .
Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia e
traballou de contable. En xaneiro de 1949 emigrou a Arxentina e entra en
contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo,
Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas,
casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En
1961 marcha a Cuba coa súa dona.
Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados,
regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé
Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.
Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega,
Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega
(ensaio). Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa
dos Poetas, o Premio Laxeiro, o Premio Trasalba (2004) e a Medalla de Ouro de
Galicia (2015), e foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en
Lingua Galega no 1999.
Faleceu na súa casa de Vila de Cruces o 27 de novembro de
2015 ós 87 anos de idade.
Comentarios