MENTIRA
Care Santos 
Xenia loita por sacar as mellores notas, impulsada pola ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento está a baixar. E é que Xenia namorouse, aínda que non dun mozo da súa contorna, senón dunha pantasma, dunha voz xurdida de Internet coa que comparte a súa paixón pola lectura. Como Xenia é decidida e o seu amor virtual négase a unha cita, proponse sorprendelo, de modo que inicia as súas investigacións cos poucos datos de que dispón.
E todo resulta ser falso, unha mentira, nin a foto nin o nome son reais. Quen é en realidade a súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos confesa todo aos seus pais, segura de ser vítima dalgún desaprensivo. Pero pronto un paquete inesperado vai revelarlle a identidade do raparigo co que compartiu os seus máis íntimas emocións. Provén do cárcere de menores e contén a historia dun asasino...
              Care Santos naceu en 1970 en Mataró (Barcelona). Empezou a escribir aos 8 anos e desde sempre tivo claro que non quería facer outra cousa. Aos 14 anos gañou o seu primeiro concurso literario e aos 25 publicou o seu primeiro libro, unha colección de relatos. Desde entón, publicou varias novelas,  libros de contos, dous libros de poesía e un gran número de novelas xuvenís.
              En literatura xuvenil é unha das autoras máis lidas do noso país, e a súa obra foi traducida ao alemán, francés, italiano, portugués, romanés, polaco, sueco, noruegués, holandés, hebreo, grego, lituano e coreano. Na biblioteca do centro podedes atopar varios títulos da autora, dos que probablemente xa teñas lido algún. 

Comentarios

Carolina Pasantes 3ºA ha dicho que…
Este libro gustoume moito,xa que é moi facil de ler.Tamén me gustou a forza de voluntade de Xenia en contarlle aos seus pais todo o sucedido no princpio,xa que moitas rapazas ou rapaces non o farían.E por último tamén me gustou o detalle do rapaz mandandolle o paquete con todo o que debería saber.
Elena Ameijeiras Tajes ha dicho que…
Este libro gústoume moito, pola historia que conta. Sobre todo pareceume moi "bonito" que Ric se sacrificara dese xeito por Ben, aínda que con todo o que el lle quería non me extrañou.
Laura Paredes ha dicho que…
Este libro gustoume, porque vese que unha persona pode ter unh vida secreta e tar sufrindo nela.
Nico ha dicho que…
Gustoume este libro xa que el ten una vida oculta e é moi interesante
Nerea Santos ha dicho que…
Este libro gustoume moito pola súa temática variada, o seu valor sentimental e as demostracións de amor verdadeiras. Ademais paréceme un libro fácil para ler e moi interesante dende principio a fin.
Yanira Barcia ha dicho que…
Este libro pareceume moi bonito a nivel sentimental, ademáis e fácil de leer e moi interesante.
Gustoume moito de principio a fin.
Moi recomendable
Anónimo ha dicho que…
O libro encantoume e a vez impresionoume. Impresionoume por como Ric dixo que fora el o que matará a Marta Villanueva e por como Xenia se pasou un pouco co pobre Marcelo sen el facer nada. Estrañoume un pouco a vida que tuvo Ric e de como saiu adiante.
Xabier 3ºA ha dicho que…
Son toupa e puxen anónimo sin querer
Andrea Romar ha dicho que…
Este libro gustoume moito .Porque me parece unha historia moi impactante ,e na cal podes apreder unha gran lección .
Paula Romar ha dicho que…
O libro gustoume muito,e moi interesante e fácil de ler. Doume moita pena Eric.
Vanina Tajes 3°A ha dicho que…
O libro encantoume, enganchoume de principio a fin. A trama pareceume realmente interesante, sobre todo na II parte, onde Eric conta todo o sucedido, nunca o hubese imaxinado!