A MANSIÓN DOS PAMPÍN
Miguelanxo Prado
Desta volta tocounos a lectura de cómics, un que lemos todos e outro da nosa escolla entre os nosos personaxes favoritos da historieta. O que lemos todos é este dun dos máis importantes autores de cómics que ademais é galego: Miguelanxo Prado. Se picas arriba no seu nome entrarás na súa páxina.

O señor Indalecio Pampín e a súa familia están moi felices. A súa tía Isolina deixoulles en herdanza unha casa de campo, rodeada de terreos e dun río. Pero cando el, a súa esposa e os seus fillos adolescentes chegan á mansión... descobren que o que pensaban que era un soño converteuse no peor dos seus pesadelos. Empeza así unha das aventuras máis divertidas do cómic español dos últimos anos...
Moitas veces acontécennos situacións absurdas que non por iso deixan de ser reais. Un cómic cheo de ironía e humor que non podes perder.
Moitas veces acontécennos situacións absurdas que non por iso deixan de ser reais. Un cómic cheo de ironía e humor que non podes perder.
Este libro sobre as desfeitas urbanísticas no país, foi encargado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a Miguelanxo Prado para a súa difusión nos institutos.
Aquí tes algunhas imaxes doutros personaxes de cómics coñecidos: Pepe Gotera e Otilio, Corto Maltés e Lucky Luke.
Comentarios
Creo que é unha cousa persoal, xa que a min non me gustan os comics;imda así o tema a tratar era interesante pero eu penso que non era apropiado para nenos de 1º ESO.
Nota: 3