LA LECCIÓN DE AUGUST
                                                                                                  
                                                                           J.R. Palacios





August " Auggie"" Pullman é un neno de entre 10 e 11 anos de idade. Naceu coa Síndrome de Treacher Collins, un trastorno xenético caracterizado por malformacións craneofaciais. Debido a varias intervencións cirúrxicas ás que se someteu, nunca asistiu ao colexio e a súa nai dáballe clases no seu fogar. Un día, discútese se August debe comezar a escola ou non. Finalmente, os pais póñense de acordo e cren que é conveniente que vaia. O director do colexio secundario Beecher pídelles a tres estudantes que concorran á institución para mostrarlla a Auggie: Jack Will, Julian Albans e Charlotte Cody Alí, o neno enfróntase a unha realidade: a innegable discriminación por parte dos seus compañeiros, especialmente Julian. O libro está dividido en oito partes porque se conta a mesma historia desde o punto de vista de distintos personaxes: o propio August (aparece tres veces), a súa irmá Via, Summer, Jack, Justin e Miranda.

«Todos deberiamos recibir unha ovación polo menos unha vez na nosa vida, porque todos vencemos ao mundo.» Auggie

Comentarios

Álvaro 1°A ha dicho que…
Aburrinme cando contaban a misma historia en diferentes puntos de vista xa que non avanzaban na historia, pero cando contaba a historia August si que molaba.
Noa Tedín 1º A ha dicho que…
Paréceme un libro estupendo,xa que che fai reflexionar sobre a túa falta de respecto aos demais compañeiros.
Recomendoó sen duda ningunha todos deberíamos ler este libro xa que che chega ao corazón.
Ari 1°B ha dicho que…
É un libro fantástico. Foi unha novela que me encantou e que che fai reflexionar moito sobre como tratas aos demais, o respeto, a forma que ten cada persona de ver as cousas...
Faiche chorar e reír, e pensar moito.
Todos deberíamos leelo, porque nos replantearíamos a nosa forma de tratar aos demais.
O meu libro favorito. Moi recomendable, é un libro de 10