O can dos Baskerville
Arthur Conan Doyle
Foi médico, novelista e escritor de novelas policíacas, creador do inesquecible mestre de detectives Sherlock Holmes.
Conan Doyle naceu o 22 de maio de 1859 en Edimburgo e estudou nas universidades de Stonyhurst e de Edimburgo, nesta última estudou medicina desde 1876 ata 1881. En xuño de 1882, mudouse a Portsmouth. Estando aí, instalou unha clínica. Ao principio non lle foi moi ben con ela, polo que no seu tempo libre comezou a escribir historias novamente. Tivo tanto éxito ao comezo da súa carreira literaria que en cinco anos abandonou a práctica da medicina e dedicouse de maneira total á escritura. O seu primeiro traballo destacado foi "Estudo en escarlata", onde o autor crea ao máis famoso detective de ficción, Sherlock Holmes, que se publicou en 1887. O autor baseouse nun profesor que coñeceu na universidade para crear ao personaxe de Holmes coa súa enxeñosa habilidade para o razoamento deductivo. Igualmente excepcionais son as creacións dos personaxes que lle acompañan: o seu amigo bondadoso e torpe, o doutor Watson, que é o narrador dos contos, e o archicriminal profesor Moriarty.
É unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o
elemento central da historia, presenta características realmente interesantes,
porque ó feito criminal vén a sumárselle unha maldición, unha lenda familiar,
que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual
desenvolvemento da acción vai levando cara a unha explicación sobrenatural dos
feitos, ata que finalmente o labor do detective conclúe coa explicación natural
e lóxica do crime e de toda a cadea de pequenas incógnitas que se nos foron
presentando.

Comentarios