AS COUSAS CLARAS
Xosé A. Neira Cruz
A normalidade cotiá da vida nas clases do insti queda alterada cando abren un sex-shop nas cercanías. O profe de Literatura, Mon, proxecta unha película que a prensa califica de escandalosa. Para demostrar o contrario Mon decide facer unha proxección pública para os pais e nais.
Con tanto rebumbio, o "díxome-díxome" empeza a funcionar a marchas forzadas, con consecuencias moi negativas para o profe e para Marga e o seu compañeiro de clase, Afonso. No medio de malentendidos e desacordos coa súa nai, Marga, coa axuda de Afonso, comenza a investigar que sucedeu en realidade para que o profe rematara no hospital. Con gran risco pola súa parte, os rapaces acaban descubrindo a verdade e chegan a saber o por que das falsas acusacións sobre o profesor e por que sufriu a paliza que o levou ao hospital. Descobren cal era o problema real que había no instituto. Claro que sabelo case lles costa a vida!
Neira Cruz naceu en Compostela en 1968. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información é profesor na Facultade de Ciencias da Información na Universidade de Santiago, na especialidade de periodismo. Dirixiu a revista de Literaura Infantil e Xuvenil "Fadamorgana". É un dos autores de libros dirixidos a público xuvenil (e infantil) máis relevantes do panorama galego actual. En 1989 obtivo o premio Merlín por "Ó outro lado do sumidoiro", o seu primeiro libro publicado. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con "Valdemuller" e "Os ollos do Tangaleirón". Entre a súa produción destacan outros títulos como "O armiño dorme", ou "A memoria das árbores".
Comentarios
Pareceume un libro entretido e sobre todo ese misterio que nos deixa ca intriga ata o ultimo instante.