LAS LÁGRIMAS DE SHIVA

César Mallorquí
A historia transcorre na cidade de Santander durante un verán alá polos anos 60, cando en España aínda había unha ditadura, pero en todo o mundo empezaba un tempo de cambios profundos: o movemento hippy, a loita polos dereitos da muller, as manifestacións contra a guerra do Vietnam, os Beatles, a chegada do home á lúa...
Debido á enfermidade de seu pai, Javier, o protagonista, ten que pasar todo o verán en Santander, en casa dos seus tíos e as súas catro curmás que viven nun antigo caserón cerca da praia do Sardinero. Non lle apetece nada esta viaxe. Cando chega alí nota que a familia Obregón é moi estraña e diferente da súa. No caserón onde viven parécelle ver en ocasións un espectro ao mesmo tempo que nota un peculiar cheiro a nardos; isto mesmo ocórrelle á súa prima Violeta. Violeta fálalle da desaparición de Beatriz e do misterio das lágrimas de Shiva. Entre os dous tratan de descubrir o segredo. Ao principio lévanse moi mal, pero pouco a pouco vai mellorando a súa relación ata que ao final...
O seu autor, César Mallorquí conta así a súa vida: Nacín en Barcelona o 10 de xuño de 1953, pero o meu pai (José Mallorquí, o creador do Coyote) trasladouse a Madrid ao ano seguinte, e con el toda a familia. Cursei estudos de xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense e desde 1970 traballei en diversas publicacións, entre elas a mítica revista O Paspallás. En 1981 cambiei o xornalismo pola publicidade e durante unha década traballei como creativo en diversas axencias. En 1991 regresei ao mundo da literatura (que abandonara durante a miña etapa de publicitario). Vivo en Madrid, estou casado e teño dous fillos. Deixei de fumar en 1986. 

Aquí tedes un vídeo coa opinón de Helena sobre o libro e outro sobre a chegada do home á lúa:

Comentarios

Rosalía 1ºA ha dicho que…
Gustoume moito. Chamoume a atención que os rapaces falaran con ese vocabulario.
gabriel ha dicho que…
me ha gustaqdo mucho
Ana 1ºA ha dicho que…
Gustoume moito o libro, tiña moito misterio
Carla 1ºB ha dicho que…
gustoume moito e inpresionoume Alberto.
Soraya 1ºB ha dicho que…
Gustoume moito e non me esperaba para nada o final, pero encantoume.
Rosalia 1ºA ha dicho que…
Gustoume moito.Foi moi interesante
Elena Moreira ha dicho que…
gustoume moito,pero o que mais me gustou foi o final, porque non o esperaba
BOTANA ha dicho que…
ME GUSTA QUIERO SER COMO TIOI LUIS Y ATOPE CESAR MALLORQUI
Iker Aufiero 1ºB ha dicho que…
Me ha gustado mucho.El lenguaje que utilizan es muy propio de adolescentes de esa edad.
Paula Carril ha dicho que…
Gustoume moito, menos o vocabulario, foi un libro con misterio.
Botana ha dicho que…
encantoume sobretodo porque ten un final interesante...;)
Alba 1ºB ha dicho que…
gustoume moito e un libro cheo de misterio con un final que non se esperaba
Paula vázquez blanco 1B ha dicho que…
Gustoume moitísimo é un libro ceo de misterios ata o final, salvo que o vocabulario é un pouco extraño velo nun libro