O CORAZÓN DE XUPITER
Ledicia Costas
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

Ledicia Costas: Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela Unha estrela no vento (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia. O corazón de Xúpiter (Xerais 2012) é a miña segunda novela.Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A día de hoxe formo parte da directiva de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.

Comentarios

Laura Paredes 4.A ha dicho que…
Este libro etubo ben, pero contiña un nudo mui largo e un desenlace , moi curto e deixache con intriga.
Nerea 4º ha dicho que…
Este libro gustoume moito polos temas que trata, só que o final pareceume moi corto e pouco interesante.
César Carvalhal ha dicho que…
Este libro resultoume pouco interesante pola parte final, e bastante interesante porque deixa intriga e trata temas que outros non o fan.
Yanira 4A ha dicho que…
Este libro pareceume moi intretenido solo que con un final demasiado predecible e curto. Ademáis xa me cansa a mesma temática sempre.
Paula Romar Lema 4ºC ha dicho que…
Este libro gustoume muito,pareceume moi interesante polo tema das redes sociales e o da homosexualidade.
Xabi Lemus ha dicho que…
O libro gustoume xa que trata de temas un pouco "tabús" como a homosexaulidade. A única pega que lle dou e o desenlace do final.
Helena 4ºA ha dicho que…
Gustoume este libro, xa que trata un tema moi actual. O final pareceume un pouco aburrido e algo deso sobraba.
Anónimo ha dicho que…
Este libro pareceume moi interesante xa que trata un tema ,que é do ciberacoso cousa que pasa moi frecuetemente e se debería tratar en todos os ámbitos.
Vanina 4ºB ha dicho que…
El libro es interesane aunque tedioso en ciertos puntos, los temas de los que trata resultan llamativos para el público adolescente.
Saray Romar Lema ha dicho que…
Gustoume moito este libro porque se trata temas moi interesantas onde teñen moito contido para discutir. Esperábame outro tipo de final.