LA ISLA BAJO EL MAR
Isabel Allende
A illa baixo o mar de Isabel Allende narra a historia dunha escrava no Santo Domingo do século XVIII. Cóntanos corenta anos da vida de Zarité, vendida aos nove anos como escrava ao francés Valmorain, dono dunha das máis importantes plantacións de azucre da illa de Santo Domingo. Ao mesmo tempo que nos relata a explotación dos escravos na illa, as súas condicións de vida e como loitaron para conseguir a liberdade. Unha serie de personaxes apoiarán á nosa protagonista para seguir adiante ata conseguir a liberdade para as futuras xeracións. Mulleres peculiares como Violette, que se dedica á prostitución ou Loula, a muller que organiza o seu negocio; Tante Rose, a curandeira, Celestine ou Tante Matilde, a cociñeira da plantación: personaxes con este punto de maxia que dan un ambiente e unha cor especial á novela. A rebelión dos escravos provoca un incendio na plantación. Valmorain foxe da man de Zarité. Conforme avanza a novela o noso personaxe alcanza a dignidade que lle corresponde. Vivirá a súa propia historia de amor e conseguirá a liberdade.

Comentarios

jose ha dicho que…
Encantoume o libro, trata un tema que ahora parece casi extinto como é a esclavitude
Xabi Lemus 4A ha dicho que…
O libro ATa a páxina que lein pareciume un pouco aburridO.
Yanira 3ºA ha dicho que…
Este libro non me gustou, xa que me parecio aburrido e un pouco rpetitivo.Ademáis, non me gustou tanto detallismo na novela.
Nerea Santos 4ºa ha dicho que…
Gustoume moito este libro porque fala de temas distintos dos habituais, a parte de que son temas interesantes e o que sucede nel non é evidente.
Helena 4ºA ha dicho que…
Este libro foi o que máis me gustou dos que lemos no club ata agora. Os temas que trata parecéronme de interés. Pero foi demasiado largo.