O NENO DO PIXAMA A RAIAS / EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS

John Boyne

Aínda que o habitual é describir as características da obra que estamos a ler, por unha vez faremos unha excepción, porque estamos convencidos de que explicar o seu  contido estropearía a experiencia da lectura. Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de qué trata. Acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del...

Esta novela do escritor irlandés John Boyne converteuse nun fenómeno mundial, e foi traducido a máis dunha vintena de idiomas e ten unha adaptación cinematográfica.Por último, cabe aclarar que este libro non é só para adultos; tamén o poden ler, e sería recomendable que o fixeran, rapaces e rapazas a partir dos doce ou trece anos de idade.

 O editor

Este libro é unha forma de empezar a entender algunhas cousas terribles que sucederon en Europa no século XX, durante a II Guerra Mundial, e que seguro que a algúns vos sona de velas en películas. O malo é que desta volta as cousas pasaron de verdade, tal vez non exactamente como contan as pelis, pero igual de terrribles. Con este libro diante pódese falar de moitas cousas, averiguar outras da nosa historia recente e pararse a pensar como debemos facer para que algo así non se repita nunca máis.

Comentarios

Álvaro 2°A ha dicho que…
O libro é bastante bo e fácil de ler, pero creo que o final quedou incompleto.
Iván ha dicho que…
Non me gustou moito porque e moi triste
Ana 2C ha dicho que…
Encantoume o libro pero o final foi un pouco triste
Noa 2ºA ha dicho que…
Gustoume moito e paréceme un libro moi interesante,recomendoó.
bineta thiam 2ºb ha dicho que…
Me gusto mucho el libro.
andrea 2º A ha dicho que…
o libro gustoume moito e da algo de pena
Laura 2ºA ha dicho que…
Pareceume moi fácil de ler,pero o final non está moi explicado e quizá debería a ver unha 2ºparte.
nota: 9
Alba 2ºB ha dicho que…
O libro gustoume moito, é moi interesante.
Ari 2º B ha dicho que…
Gústoume moito, é fácil de ler e non resulta aburrido.
Cris 2ºB ha dicho que…
Gustoume moito e fàcil de ler
Lara 2ºA ha dicho que…
Gustoume moito,era moi interesante.