O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar. O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.
Manuel Rivas Barrós, nado no
barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta,
ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A
súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na
actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa
obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán,
grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e
xaponés.
Comentarios
Gustoume a introducción do lápiz durante a historia