LAS LÁGRIMAS DE SHIVA
César Mallorquí
A historia transcorre na cidade de Santander durante un verán alá polos anos 60, cando en España aínda había unha ditadura, pero en todo o mundo empezaba un tempo de cambios profundos: o movemento hippy, a loita polos dereitos da muller, as manifestacións contra a guerra do Vietnam, os Beatles, a chegada do home á lúa...
Debido á enfermidade de seu pai, Javier, o protagonista, ten que pasar todo o verán en Santander, en casa dos seus tíos e as súas catro curmás que viven nun antigo caserón cerca da praia do Sardinero. Non lle apetece nada esta viaxe. Cando chega alí nota que a familia Obregón é moi estraña e diferente da súa. No caserón onde viven parécelle ver en ocasións un espectro ao mesmo tempo que nota un peculiar cheiro a nardos; isto mesmo ocórrelle á súa prima Violeta. Violeta fálalle da desaparición de Beatriz e do misterio das lágrimas de Shiva. Entre os dous tratan de descubrir o segredo. Ao principio lévanse moi mal, pero pouco a pouco vai mellorando a súa relación ata que ao final...
O seu autor, César Mallorquí conta así a súa vida: Nacín en Barcelona o 10 de xuño de 1953, pero o meu pai (José Mallorquí, o creador do Coyote) trasladouse a Madrid ao ano seguinte, e con el toda a familia. Cursei estudos de xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense e desde 1970 traballei en diversas publicacións, entre elas a mítica revista O Paspallás. En 1981 cambiei o xornalismo pola publicidade e durante unha década traballei como creativo en diversas axencias. En 1991 regresei ao mundo da literatura (que abandonara durante a miña etapa de publicitario). Vivo en Madrid, estou casado e teño dous fillos. Deixei de fumar en 1986. 

Aquí tedes un vídeo coa opinón de Helena sobre o libro e outro sobre a chegada do home á lúa:

Comentarios

manuel 1 a ha dicho que…
hola me gusto mucho. Lo más divertido es el misterio
SARAY 1ºA ha dicho que…
O libro pareceume marabilloso moi interesante e moi enganchadizo divertido e moi misterioso PRRECIOSO
Érika 1º A ha dicho que…
Ola gustoume moito libro, e moi divertido e misterioso. Recomendo o libro e magnifico e interesante. O capítulo que máis me gustou foi o 12 (Azucena)
ALBA 1ºA ha dicho que…
O libro pareciume xenial. Facil de leer , e moi misterioso , tamen moi enganchado
IBRA ha dicho que…
ME A PARECIDO GENIAL EL LIBRO QUIERO VOLVER A LER LO
pablo 1a ha dicho que…
gustoume bastante e algo largo pero ben
JORGE 1ºA ha dicho que…
P LIBRO PARECIUME XENIAL
Sabela 1ºB ha dicho que…
Gutoume moito este libro. Convina o misterio coa adolescencia
Marcos 1 a ha dicho que…
me gusto mucho a mi parecer es un libro muy interesante y divertido mis personajes preferidos son Javier el protagonista. me parece muy recomendado a los amantes de la aventura
Ana 1ºA ha dicho que…
Gustoume moitísimo,foi moi emocionante e teño pensado volver a lelo.
recoméndovolo cen por cen
Naiara 1B ha dicho que…
A min gustoume moito e moi enganchadizo e misterioso .Recomendó leelo��
sara 1B ha dicho que…
nn e q me gustara moito ,é un libro que che deixa con moita entriga
Anónimo ha dicho que…
gustoume moito e moi entretido de leer.
julian pasantes carril 1ºB ha dicho que…
o pricipio non me gustou moito pero ao longo de ir leendo foime guatando mais
Claudia 1B ha dicho que…
Gustoume moito, deixache con moita intigra é maravilloso.Podedes leélo vaivos encantar!!!
Claudia paz ha dicho que…
Pareceume moi divertido e un libro marabilloso e moi misterioso
pablo 1º b ha dicho que…
Gustoume moito. dunha vez que o empezas enganchaste. Volvería lelo.
sheila 1ºB ha dicho que…
pereceume moi interesante,foi moi divertido
DESIREE 1ºB ha dicho que…
Gustoume moito ainda que non me dou tempo a leelo todo.
O mellor foi o misterio.
O meu personaxe favorito foi Violeta.
ariana ha dicho que…
Ao principio pareceume aburrido, pero despois pareceume interesante