O NENO DO PIXAMA A RAIAS / EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
John Boyne
Aínda que o habitual é describir as características da obra que estamos a ler, por unha vez faremos unha excepción, porque estamos convencidos de que explicar o seu contido estropearía a experiencia da lectura. Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de qué trata. Acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del...
Esta novela do escritor irlandés John Boyne converteuse nun fenómeno mundial, e foi traducido a máis dunha vintena de idiomas e ten unha adaptación cinematográfica.Por último, cabe aclarar que este libro non é só para adultos; tamén o poden ler, e sería recomendable que o fixeran, rapaces e rapazas a partir dos doce ou trece anos de idade.
O editor
Este libro é unha forma de empezar a entender algunhas cousas terribles que sucederon en Europa no século XX, durante a II Guerra Mundial, e que seguro que a algúns vos sona de velas en películas. O malo é que desta volta as cousas pasaron de verdade, tal vez non exactamente como contan as pelis, pero igual de terrribles. Con este libro diante pódese falar de moitas cousas, averiguar outras da nosa historia recente e pararse a pensar como debemos facer para que algo así non se repita nunca máis.
Comentarios
No voy a desvelar el final, pero me pareció inesperado y muy triste. Si alguien ve este comentario le recomiendo leer este libro en su tiempo libre.