Eva Mejuto  Memoria do silencio

Resultado de imagen de eva mejuto
Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalismo na USC e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no máster «Libro ilustrado e animación audiovisual» da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. En Xerais ten publicadas as novelas «22 segundos» (2017) e «Memoria do silencio» (2019), e o álbum ilustrado por Víctor Rivas «Dez gatiñas viaxeiras» (2019).
Resultado de imagen de memoria do silencioMemoria do silencio
Era seguramente a época máis difícil en España de todo o século XX: entre a represión do franquismo e o momento máis terrible do nazismo. Nese contexto tan perigoso, tres irmás de Ribadavia e uns cuantos colaboradores serviron como punto final dunha rede clandestina que atravesaba Europa e permitiu chegar a Portugal a máis de 500 xudeus, perseguidos polos nazis. Desde o quiosco da estación de tren de Ribadavia, onde se fixeron famosos o seu licor café e os seus melindres, Lola Touza e as súas irmás axudaban a cruzar o Miño a persoas vítimas do odio, e desde Portugal estas podían poñerse a salvo en América ou no norte de África. Esta fazaña permaneceu en segredo durante décadas, sen dúbida por medo ás represalias, pero hoxe por fin estas tres irmás reciben un merecido recoñecemento. Pero «Memoria do silencio» non queda unicamente na narración das vivencias das Touza, senón que asume un risco literario aínda maior: contar a historia dos perseguidos, na persoa de Frieda —baseada na figura real de Frieda Belifante, a primeira directora de orquestra europea e unha destacada activista da resistencia holandesa, que se viu obrigada a emigrar aos Estados Unidos en 1947—; e dos perseguidores, na persoa inventada de Günter, un membro da Gestapo que investiga a existencia da rede ourensá de salvamento de xudeus. Mediante o uso dun punto de vista diferente en cada capítulo, Eva Mejuto fainos partícipes dos sentimentos e aspiracións duns e outros, tratando aos personaxes como seres complexos.

Comentarios